CANCIÓN 141
O milagre da vida
(Salmo 36:10 [36:9, NM])
-
1. Nace un bebé, medra unha flor,
vén a choiva, vén o sol... que bendicións!
Son os dons de Deus para nós vivir.
Son milagres, cada día fanme feliz.
(REFRÁN 1)
E como pagarei canto Deus me dá?
Amareino para sempre, sereille leal.
Xamais merecerei os seus agasallos,
o seu fermoso don... milagre de vivir.
-
2. Outros ó sufrir deixan de loitar,
din que Deus a culpa ten, réndense xa.
Mais eu seguirei sempre co meu Deus,
e as grazas lle darei por canto me deu.
(REFRÁN 2)
E como pagarei canto Deus me dá?
Amarei o semellante, irei predicar.
Xamais merecerei os seus agasallos,
o seu fermoso don... milagre de vivir.
(Ver tamén Xob 2:9; Sal. 34:13 [34:12, NM]; Ecl. 8:15; Mt. 22:37-40; Rm. 6:23.)