Ir ó contido

Ir ó índice

ASPECTO DA ORATORIA 18

Exposición instrutiva

Exposición instrutiva

1 Corintios 9:19-23

EN QUE CONSISTE? Axudar ós presentes a reflexionar na información e a quedar coa sensación de que aprenderon algo valioso.

COMO LOGRALO?

  • Pensa no que xa sabe o auditorio. Máis ben que repetir cousas que xa coñecen, axuda ós presentes a ver o tema dende un punto de vista novo ou diferente.

  • Investiga e reflexiona. Cando sexa posible, ilustra as ideas clave usando detalles pouco coñecidos ou sucesos de actualidade. Dedica tempo a reflexionar na información que vas presentar e pensa en como se relaciona cos detalles que queres mencionar.

  • Mostra o valor práctico. Explica como a Biblia pode axudar os presentes na súa vida diaria. Fala de actividades, problemas ou sentimentos que lles resulten coñecidos.