Ir ó contido

Ir ó índice

LECCIÓN 12

Que che axudará a seguir estudando a Biblia?

Que che axudará a seguir estudando a Biblia?

Estudar a Biblia ten moitos beneficios, pero poida que non sempre sexa fácil. Ás veces quizais te preguntes se serás capaz de seguir. Por que vale a pena esforzarse? Que che axudará a seguir estudando a pesar dos problemas?

1. Por que é útil estudar a Biblia?

“A palabra de Deus é viva e dinámica” (Hebreos 4:12). A Biblia é útil porque che ensina o que pensa Deus e o que sente por ti. Non só che axuda a ter coñecemento, senón tamén a saber como usalo e a ter unha esperanza real. Pero o máis importante é que a Biblia che axuda a chegar a ser amigo de Xehová. Cando estudes a Biblia deixa que teña un efecto positivo na túa vida.

2. Por que é importante recoñecer o valor das verdades da Biblia?

As verdades da Biblia son coma tesouros moi valiosos. Por iso nela se nos anima: “Merca a verdade e non a vendas” (Proverbios 23:23). Cando recoñecemos o valor das verdades da Biblia, esforzámonos por seguir estudando, mesmo cando se presentan obstáculos que nolo dificultan (le Proverbios 2:4, 5).

3. Como che pode axudar Xehová a seguir estudando?

Xehová quere axudarche a que o coñezas porque é o teu amigo. Ademais é o Creador todopoderoso e pode darche “tanto o querer coma o facer” (le Filipenses 2:13). Así que, se algunha vez necesitas unha motivación extra para estudar ou para aplicar o que aprendes, Xehová pode axudarche. Tamén pode darche as forzas que precisas para superar os obstáculos ou a oposición. Óralle a miúdo e pídelle que che axude a seguir estudando a Biblia (1 Tesalonicenses 5:17).

AFONDA MÁIS

Aprende que podes facer para seguir estudando a Biblia aínda que esteas moi ocupado ou teñas oposición. E analiza como che vai axudar Xehová a conseguilo.

4. Fai que o teu estudo sexa unha prioridade

Ás veces estamos tan ocupados que parece que non temos tempo para estudar a Biblia. Que che pode axudar? Lede Efesios 5:16 e logo comentade estas preguntas:

  • A que cousas importantes cres que lles deberías dedicar o teu tempo?

  • Que podes facer para que o estudo da Biblia sexa unha prioridade para ti?

  1. Se enches un recipiente de area e despois intentas meterlle pedras, as pedras non van coller

  2. Se metes primeiro as pedras, terás sitio para botarlle a maior parte da area. Do mesmo xeito, se pos as cousas máis importantes en primeiro lugar na túa vida, poderás atendelas todas e aínda che quedará tempo para outras cousas

Estudar a Biblia axúdanos a cubrir a necesidade espiritual que temos de coñecer e adorar a Deus. Lede Mateo 4:4 e logo comentade esta pregunta:

  • Como nos beneficia facer do estudo da Biblia unha prioridade?

5. Non deixes de estudar a pesar da oposición

Poida que algúns intenten desanimarte para que deixes de estudar a Biblia. Fíxate no exemplo de Francesco. Poñede o VÍDEO e logo comentade estas preguntas:

  • Como reaccionaron os amigos e a familia de Francesco cando lles falou do que estaba aprendendo?

  • Que recompensas tivo por non darse por vencido?

Lede 2 Timoteo 2:24, 25 e logo comentade estas preguntas:

  • Que pensan a túa familia e os teus amigos sobre o que estás aprendendo?

  • Tendo en conta o que liches nestes versículos, como deberías reaccionar cando a alguén non lle guste que estudes a Biblia? Por que?

6. Confía en que Xehová che axudará

Canto máis te achegues a Xehová, máis quererás agradarlle. Pero pode que non che sexa fácil facer cambios na vida para cumprir coas súas normas. Se algunha vez te sentes así, non te rendas. Xehová vaiche axudar. Poñede o VÍDEO e logo comentade estas preguntas:

  • Que cambios fixo Jim para agradarlle a Xehová?

  • Que che chama a atención do seu exemplo?

Lede Hebreos 11:6 e logo comentade estas preguntas:

  • Que fará Xehová polos que se esforzan por coñecelo e agradarlle?

  • Que che ensina isto sobre como se sente Xehová cando ve os teus esforzos por estudar a Biblia?

ALGUÉN PODERÍA PREGUNTAR: “Por que estás a estudar a Biblia?”.

  • Ti que lle dirías?

RESUMO

Aínda que estudar a Biblia non sempre é fácil, pode axudarche a desfrutar da vida para sempre. Sigue confiando en Xehová e el vaite recompensar.

Repaso

  • Por que son valiosas para ti as verdades da Biblia?

  • Como podes demostrar que estudar a Biblia é moi importante para ti?

  • Por que deberías pedirlle a Xehová que che axude a seguir estudando a Biblia?

Intenta isto

INVESTIGA

Descubre catro ideas que axudaron a moitas persoas a aproveitar ben o seu tempo.

“Como aproveitar ben o teu tempo” (¡Despertad!, febreiro 2014)

Fíxate en como axudou Xehová a unha muller casada cun home que non entendía os seus esforzos por agradarlle a Deus.

Xehová é o noso acougo (5:05)

Mira como se beneficiou un home grazas á constancia da súa muller.

Levei a verdade a xuízo (6:30)

Moitas veces acúsase as testemuñas de Xehová de dividir as familias. Pero, é certo iso?

“Dividen as testemuñas de Xehová ás familias ou únenas?” (Artigo web)