Ir ó contido

Ir ó índice

LECCIÓN 24

Cal é a verdade sobre os anxos?

Cal é a verdade sobre os anxos?

Xehová quere que aprendamos sobre a familia que ten no ceo. Esa familia inclúe os anxos, ós que se lles chama “fillos de Deus” (Xob 38:7, TNM). Que di a Biblia sobre os anxos? Como inflúen en nós? Son tódolos anxos parte da familia de Deus?

1. Quen son os anxos?

Xehová creou os anxos antes de facer a Terra. Igual ca el, son espíritos invisibles que viven no ceo (Hebreos 1:14). Hai millóns de anxos e cada un ten a súa personalidade (Apocalipse 5:11). Están ás ordes de Xehová e obedecen a súa palabra (Salmo 103:20). En tempos bíblicos, ás veces Xehová mandaba anxos para entregar mensaxes e para axudar e rescatar o seu pobo. Hoxe, os anxos guían os cristiáns onda as persoas que queren aprender sobre Deus.

2. Quen son Satanás e os seus demos?

Algúns anxos deixaron de ser fieis a Xehová. Ó primeiro anxo que se rebelou chamóuselle “Satán e Satanás, o que fai extraviar a tódolos homes” (Apocalipse 12:9). Satanás quería mandar nos demais, por iso influíu nos primeiros humanos, e máis tarde incluso noutros anxos, para que se unisen á súa rebelión. A eses anxos que se rebelaron chámaselles demos. Xehová botounos do ceo á Terra, e co tempo serán destruídos (le Apocalipse 12:9, 12).

3. Como intentan enganarnos Satanás e os demos?

Satanás e os demos enganan moita xente mediante o espiritismo e outras formas de ocultismo. O espiritismo consiste en intentar comunicarse cos mortos e con outros espíritos, xa sexa directamente ou a través doutra persoa, como un médium, un bruxo ou unha meiga. Outras formas de ocultismo son a astroloxía, a adiviñación e o horóscopo. Algunhas persoas van ós curandeiros ou buscan tratamentos médicos que tamén están relacionados co ocultismo. Pero Xehová advírtenos: “Non iredes ós bruxos nin consultaréde-los adiviños” (Levítico 19:31). Deus deunos esta advertencia para protexernos de Satanás e os demos. Son os seus inimigos e queren facernos dano.

AFONDA MÁIS

Aprende máis sobre as cousas boas que fan os anxos, sobre os perigos do ocultismo e sobre como podemos protexernos de Satanás e os demos.

4. Os anxos axudan á xente a aprender sobre Xehová

Os anxos non lle predican directamente á xente. Pero si que poden guiar os servos de Deus onda as persoas que queren aprender del. Lede Apocalipse 14:6, 7 e logo comentade estas preguntas:

  • Por que precisamos a axuda dos anxos para predicar?

  • Anímate saber que os anxos poden guiarte onda as persoas que necesitan escoitar da Biblia? Por que?

5. Rechaza o ocultismo

Satanás e os demos son inimigos de Xehová. E tamén son inimigos nosos. Lede Lucas 9:38-42 e logo comentade esta pregunta:

  • Como tratan os demos a xente?

Non queremos abrirlles a porta ós demos. Lede Deuteronomio 18:10-12 e logo comentade estas preguntas:

  • De que xeitos tratan os demos de influír en nós e de comunicarse connosco? Que prácticas son comúns na túa zona?

  • Paréceche razoable que Xehová prohiba tódalas prácticas relacionadas co ocultismo? Por que?

Poñede o VÍDEO e logo comentade estas preguntas:

  • Pensas que o amuleto que levaba a filla de Palesa era perigoso? Por que?

  • Que tivo que facer Palesa para estar protexida dos demos?

Os cristiáns verdadeiros sempre se opuxeron ós demos. Lede Feitos 19:19 e 1 Corintios 10:21 e logo comentade esta pregunta:

  • Por que é importante que destrúas calquera cousa que teña que ver co ocultismo?

6. Ti podes gañar a loita contra Satanás e os demos

Os demos están gobernados por Satanás. Pero os anxos fieis están dirixidos polo arcanxo Miguel, que é outro dos nomes que ten Xesús. Canto poder ten Miguel? Lede Apocalipse 12:7-9 e logo comentade estas preguntas:

  • Quen ten máis poder? Miguel e os seus anxos ou Satanás e os seus demos?

  • Pensas que os seguidores de Xesús debemos terlles medo a Satanás e ós demos?

Ti podes gañar a loita contra Satanás e os seus demos. Lede Santiago 4:7 e logo comentade esta pregunta:

  • Como podes protexerte de Satanás e os demos?

HAI QUEN DI: “Os xogos e as películas de ocultismo non teñen nada de malo. Só son para pasalo ben”.

  • Por que é perigoso pensar así?

RESUMO

Os anxos fieis axúdannos. Satanás e os seus demos son inimigos de Xehová e usan o ocultismo para enganar a xente.

Repaso

  • Como lle axudan os anxos á xente a aprender sobre Xehová?

  • Quen son Satanás e os seus demos?

  • Por que non queres ter nada que ver co ocultismo?

Intenta isto

INVESTIGA

Mira que probas hai de que Xesús é o arcanxo Miguel.

“Quen é o arcanxo Miguel?” (Artigo web)

Analiza as probas de que o Demo non é a maldade que hai dentro de cada un de nós.

“De verdade existe o Demo?” (Artigo web)

Le como se liberou unha muller da influencia dos demos.

“Atopou un propósito na vida” (La Atalaya, 1 xullo 1993)