Ir ó contido

Ir ó índice

LECCIÓN 28

Demostra que agradeces o que Xehová e Xesús fixeron por ti

Demostra que agradeces o que Xehová e Xesús fixeron por ti

Como te sentes cando un amigo che dá un fermoso regalo? É probable que te sintas moi contento e que queiras demostrarlle que agradeces ese agasallo. Xehová e Xesús déronnos o regalo máis grande que xamais poderiamos recibir: o rescate. Como podemos demostrar que o agradecemos?

1. Cal é unha maneira de demostrar que agradecemos o que Deus e Cristo fixeron por nós?

A Biblia promete que “todo o que cre nel”, é dicir, en Xesús, pode vivir para sempre (Xoán 3:16). Crer en Xesús implica demostrar a nosa fe coas decisións que tomamos e as cousas que facemos (Santiago 2:17). Cando demostramos a nosa fe co que facemos e co que dicimos, fortalecemos a nosa amizade con Xesús e co seu Pai, Xehová (le Xoán 14:21).

2. Que evento especial nos axuda a demostrar que agradecemos o que fixeron Xehová e Xesús?

A noite antes de morrer, Xesús faloulles ós seus seguidores doutra forma de demostrar agradecemento polo seu sacrificio. Díxolles que se xuntasen para un evento especial que a Biblia chama a “Cea do Señor”, tamén coñecido como a Conmemoración da morte de Cristo (1 Corintios 11:20). Xesús estableceu esta celebración para que os seus apóstolos, e tódolos demais cristiáns verdadeiros, recordásemos que deu a súa vida por nós. Por iso mandou: “Facede isto en memoria de min” (Lucas 22:19). Cando asistes á Conmemoración, demostras que agradeces o amor tan grande que Xehová e Xesús senten por todos nós.

AFONDA MÁIS

Aprende máis formas de demostrar o teu agradecemento polo amor que demostraron Xehová e Xesús. Fíxate na importancia que ten a Conmemoración da morte de Cristo.

3. O agradecemento motívanos a actuar

Imaxina que alguén te salva de morrer afogado. Cres que esquecerías sen máis o que fixo por ti? Ou buscarías formas de demostrar que estás agradecido?

Debémoslle a vida a Xehová. Lede 1 Xoán 4:8-10 e logo comentade estas preguntas:

  • Por que é o sacrificio de Xesús un regalo especial?

  • Como te sentes ó pensar no que Xehová e Xesús fixeron por ti?

Como podemos demostrar o noso agradecemento polo que Xehová e Xesús fixeron por nós? Lede 2 Corintios 5:15 e 1 Xoán 4:11; 5:3. Despois de ler cada texto comentade esta pregunta:

  • Segundo este texto, que podemos facer para demostrar o noso agradecemento?

4. Imita a Xesús

Outro xeito de demostrar agradecemento é imitar a Xesús. Lede 1 Pedro 2:21 e logo comentade esta pregunta:

  • De que xeitos podes seguir con coidado os pasos de Xesús?

5. Asiste á Conmemoración da morte de Cristo

Para ver como se celebrou a primeira Cea do Señor, lede Lucas 22:14, 19, 20. Logo comentade estas preguntas:

Xesús quería que os seus discípulos celebrasen a Cea do Señor unha vez ó ano no aniversario da súa morte. Por iso as testemuñas de Xehová nos xuntamos cada ano para recordar a morte de Xesús da maneira que el nos mandou. Para aprender máis sobre esta importante reunión, poñede o VÍDEO. Logo comentade esta pregunta:

  • Que se fai durante a Conmemoración?

O pan e o viño son símbolos. O pan representa o corpo humano perfecto de Xesús que el sacrificou por nós. O viño representa o seu sangue

HAI QUEN DI: “O único que tes que facer para salvarte é crer en Xesús”.

  • Como usarías Xoán 3:16Santiago 2:17 para explicar que fai falta algo máis?

RESUMO

Mostramos que agradecemos o que Xesús fixo por nós demostrando fe nel e asistindo á Conmemoración da súa morte.

Repaso

  • Que implica crer en Xesús?

  • Como che gustaría demostrar o teu agradecemento polo que Xehová e Xesús fixeron por ti?

  • Por que é tan importante asistir á Conmemoración da morte de Cristo?

Intenta isto

INVESTIGA

A que nos motiva a morte de Xesús?

Xesús usou o seu corpo para honrar a Xehová (9:28)

Aprende máis sobre a fe e sobre como podemos demostrala.

“Demostra que tes fe nas promesas de Xehová” (La Atalaya, outubro 2016)

Le o relato de Victoria Tong e fíxate en que efecto tivo na súa vida aprender sobre o sacrificio de Xesús.

“A Biblia cambioulles a vida” (La Atalaya, 1 agosto 2011)