Ir ó contido

Ir ó índice

LECCIÓN 30

Os teus seres queridos poden volver a vivir!

Os teus seres queridos poden volver a vivir!

A morte causa moita dor e tristeza. Por iso a Biblia di que é un inimigo (1 Corintios 15:26). Na lección 27 aprendiches que Xehová acabará con ese inimigo. Pero, que lles pasará ás persoas que xa morreron? Nesta lección aprenderás máis sobre outra marabillosa promesa de Xehová: vai resucitar miles de millóns de persoas! Isto quere dicir que os vai traer de volta para que poidan desfrutar da vida para sempre. De verdade é iso posible? Resucitarán para vivir no ceo ou na terra?

1. Que quere facer Xehová polos nosos seres queridos que morreron?

Xehová ansía devolverlles a vida ás persoas que morreron. Xob, un home que tiña moita fe, estaba convencido de que Deus non se esquecería del cando morrese. Díxolle a Deus: “Chamaríasme entón e eu respondería” (le Xob 14:13-15).

2. Por que sabemos que os mortos poden resucitar?

Cando Xesús estivo na Terra, Deus deulle poder para resucitar as persoas. Xesús devolveulles a vida a unha nena de 12 anos e ó fillo dunha viúva (Marcos 5:41, 42; Lucas 7:12-15). Xesús tamén resucitou a Lázaro, un amigo seu que xa levaba catro días morto e enterrado. Despois de orarlle a Deus, Xesús berrou diante da tumba: “¡Lázaro, ven para fóra!”. E entón, “saíu o morto” (Xoán 11:43, 44). Imaxina o felices que estaban os familiares e os amigos de Lázaro ó velo vivo outra vez!

3. Que esperanza hai para os teus seres queridos que morreron?

A Biblia promete: “Haberá resurrección” (Feitos 24:15). As persoas que Xesús resucitou cando estivo na Terra non foran ó ceo despois de morrer (Xoán 3:13). Estaban felices de que lles devolvese a vida aquí na Terra. Do mesmo xeito, Xesús pronto resucitará miles de millóns de persoas para que desfruten da vida para sempre na Terra convertida nun paraíso. El dixo que tódolos que están na memoria de Deus serán resucitados, incluso aquelas persoas das que ninguén se acorda (Xoán 5:28, 29).

AFONDA MÁIS

Examina as probas que contén a Biblia de que os mortos poden e van resucitar. Aprende como a resurrección che pode dar consolo e esperanza.

4. Xesús demostrou que pode resucitar os mortos

Aprende máis sobre o que Xesús fixo polo seu amigo Lázaro. Lede Xoán 11:14, 38-44 e logo comentade estas preguntas:

  • Por que sabemos que Lázaro de verdade estaba morto? (Ver o versículo 39).

  • Se Lázaro estivese no ceo, pensas que Xesús lle estaría facendo un favor resucitándoo na terra?

Poñede o VÍDEO.

5. Moitos resucitarán!

Lede Salmo 37:29 e logo comentade esta pregunta:

  • Onde vivirán os miles de millóns de persoas que van resucitar?

Non só van resucitar os que adoraron a Xehová. Xesús tamén lles devolverá a vida a moitas outras persoas. Lede Feitos 24:15 e logo comentade esta pregunta:

  • A quen che gustaría volver a ver outra vez?

Pensa nisto. Para Xesús é tan fácil resucitar alguén como para un pai despertar o seu fillo

6. A resurrección pode darche consolo e esperanza

O relato bíblico da filla de Xairo dálle forzas e consolo a quen está a sufrir pola morte dun ser querido. Lede esta historia real en Lucas 8:40-42, 49-56.

Antes de resucitar a nena, Xesús díxolle a Xairo: “Non teñas medo: ti ten fe” (ver o versículo 50). Como che podería axudar a esperanza da resurrección cando...

  • che morre un dos teus?

  • a túa vida está en perigo?

Poñede o VÍDEO e logo comentade esta pregunta:

  • Por que a esperanza da resurrección animou e consolou os pais de Phelicity?

HAI QUEN DI: “Iso de resucitar na terra é demasiado bonito para ser verdade”.

  • Ti que pensas?

  • Que texto usarías para demostrarlle que vai haber resurrección?

RESUMO

A Biblia promete que miles de millóns de persoas que morreron van resucitar. Xehová quere que volvan a vivir e deulle a Xesús poder para resucitalas.

Repaso

  • Que senten Xehová e Xesús ó pensar en devolverlles a vida ás persoas que morreron?

  • Onde vivirán os miles de millóns de persoas que van resucitar? No ceo ou na terra? Por que pensas así?

  • Que te convence a ti de que os teus seres queridos poden volver a vivir?

Intenta isto

INVESTIGA

Aprende que cousas podes facer para levar mellor a perda dun ser querido.

“Axuda para quen perdeu un ser querido” (Despertade!, núm. 3 2018)

Poden axudar os principios da Biblia a quen está sufrindo pola morte dun ser querido?

Cando morre un ser querido (5:06)

Como poden os nenos afrontar a morte dun ser querido?

O rescate (2:07)

Vai resucitar alguén no ceo? Quen non vai resucitar nunca?

“Que é a resurrección?” (Artigo web)