Ir ó contido

Ir ó índice

LECCIÓN 32

O Reino de Deus xa goberna!

O Reino de Deus xa goberna!

O Reino de Deus empezou a gobernar no ceo en 1914. Ese ano tamén empezaron os últimos días da gobernación humana. Por que o sabemos? Analiza o que profetizou a Biblia, como é o mundo e como é a xente dende 1914.

1. Que indican as profecías da Biblia?

O libro bíblico de Daniel indica que o Reino de Deus empezaría a gobernar cando se terminase un período chamado “sete tempos” (Daniel 4:13, 14, nota [4:16, 17, TNM]). Séculos máis tarde, cando estivo na Terra, Xesús ensinou que ese período aínda non rematara e chamoulle “o tempo das nacións” (Lucas 21:24, EME). Como veremos, os sete tempos acabaron no ano 1914.

2. Como son o mundo e a xente dende 1914?

Os discípulos de Xesús pedíronlle: “Dinos cando van pasar estas cousas, e cal será o sinal da túa chegada e da fin do mundo” (Mateo 24:3). Para responderlles, Xesús profetizou moitas das cousas que pasarían despois de empezar a gobernar no ceo como Rei do Reino de Deus. Algunhas delas serían as guerras, a fame e os terremotos (le Mateo 24:7). A Biblia tamén profetizou que a forma de ser da xente nos “días derradeiros”, ou últimos días, faría que vivísemos tempos difíciles (2 Timoteo 3:1-5). Todo isto empezou a ser máis evidente dende o ano 1914.

3. Por que empeoraron tanto as cousas dende que empezou a gobernar o Reino de Deus?

Pouco despois de chegar a ser Rei do Reino de Deus, Xesús empezou unha guerra no ceo contra Satanás e os demos. Satanás perdeu esa guerra e a Biblia di que o botaron “á terra; e ós seus anxos con el” (Apocalipse 12:9, 10, 12). Satanás está moi enfadado porque sabe que vai ser destruído. Por iso está provocando tanta dor e sufrimento por toda a Terra. Esa é a razón pola que o mundo está tan mal. O Reino de Deus solucionará todos estes problemas.

AFONDA MÁIS

Analiza por que sabemos que o Reino de Deus empezou a gobernar en 1914 e que debería significar isto para nós.

4. A Biblia sinala o ano 1914

Deus fixo que o rei Nabucodonosor da antiga Babilonia tivese un soño profético. Ese soño e a interpretación que lle deu Daniel indican que esa profecía se cumpriría tanto na gobernación de Nabucodonosor coma no Reino de Deus (lede Daniel 4:14 [4:17, TNM]). a

Lede Daniel 4:17-23 (4:20-26, TNM) e logo utilizade a táboa da páxina seguinte para comentar estas preguntas:

  • (A) Que viu Nabucodonosor no seu soño? (Ver os versículos 17 e 18 [20 e 21, TNM]).

  • (B) Que lle pasaría a árbore? (Ver o versículo 20 [23, TNM]).

  • (C) Que pasaría ó acabar os “sete tempos”? (Ver o versículo 23 [26, TNM]).

Que relación hai entre o soño da árbore e o Reino de Deus

A PROFECÍA (Daniel 4:17-33 [4:20-36, TNM])

Goberno

(A) Unha árbore enorme

Interrómpese o goberno

(B) “Derrubade a árbore” ata que pasen sobre ela “sete tempos”

Restáurase o goberno

(C) “Porque che vai conserva-la realeza”

No primeiro cumprimento desta profecía...

  • (D) A quen representaba a árbore? (Ver o versículo 19 [22, TNM]).

  • (E) Como se interrompeu o seu goberno? (Lede Daniel 4:26-30 [4:29-33, TNM]).

  • (F) Que lle pasou a Nabucodonosor ó rematar os “sete tempos”? (Lede Daniel 4:31-33 [4:34-36, TNM]).

PRIMEIRO CUMPRIMENTO

Goberno

(D) Nabucodonosor, Rei de Babilonia

Interrómpese o goberno

(E) Despois do ano 606 a. n. e., Nabucodonosor tolea da cabeza e non pode gobernar por sete anos literais

Restáurase o goberno

(F) Nabucodonosor recupera o xuízo e empeza a gobernar outra vez

No segundo cumprimento desta profecía...

  • (G) A quen representaba a árbore? (Lede 1 Crónicas 29:23).

  • (H) Como se interrompeu o seu goberno? Como sabemos que seguía interrompido cando Xesús estivo na Terra? (Lede Lucas 21:24).

  • (I) Cando e onde se restaurou este goberno?

SEGUNDO CUMPRIMENTO

Goberno

(G) Reis israelitas que representan o goberno de Deus

Interrómpese o goberno

(H) Xerusalén é destruída, interrómpese a liña dos reis israelitas durante 2520 anos

Restáurase o goberno

(I) Xesús empeza a gobernar no ceo como Rei do Reino de Deus

Canto duran os sete tempos?

Algunhas partes da Biblia axúdannos a entender outras. Por exemplo, o libro bíblico da Apocalipse di que tres tempos e medio equivalen a 1260 días (Apocalipse 12:6, 14). Sete tempos son o dobre, é dicir, 2520 días. Ás veces na Biblia a palabra día refírese a un ano (Ezequiel 4:6). Este é o caso dos sete tempos que se mencionan no libro de Daniel, que representan 2520 anos.

5. O mundo cambiou de 1914 en diante

Xesús profetizou que cousas pasarían na Terra despois de que el chegase a ser Rei. Lede Lucas 21:9-11 e logo comentade esta pregunta:

  • Cales destas cousas viches ou de cales oíches falar?

O apóstolo Paulo describiu como sería a xente durante os “días derradeiros” ou últimos días da gobernación humana. Lede 2 Timoteo 3:1-5 e logo comentade esta pregunta:

  • Cales destas actitudes e comportamentos ves hoxe na xente?

6. Saber que o Reino de Deus xa goberna debería motivarnos a actuar

Lede Mateo 24:3, 14 e logo comentade estas preguntas:

  • Que importante obra demostra que o Reino de Deus xa goberna?

  • Como podes participar ti nesa obra?

O Reino de Deus xa está gobernando no ceo, e dentro de pouco tamén gobernará sobre toda a Terra. Lede Hebreos 10:24, 25 e logo comentade esta pregunta:

  • Que deberiamos facer cada un de nós ó ver “que está a chegar aquel día”?

Que farías se aprendes algo que podería axudar a outros e salvarlles a vida?

ALGUÉN PODERÍA PREGUNTAR: “Por que as testemuñas de Xehová falan tanto do ano 1914?”.

  • Ti que lle dirías?

RESUMO

As profecías da Biblia, a historia e as cousas que pasan no mundo demostran que o Reino de Deus xa está gobernando. Demostramos que estamos convencidos disto predicando e indo ás reunións.

Repaso

  • Que pasou cando remataron os sete tempos dos que se fala no libro de Daniel?

  • Que te convence a ti de que o Reino de Deus empezou a gobernar en 1914?

  • Como podes demostrar que cres que o Reino de Deus xa goberna?

Intenta isto

INVESTIGA

Analiza o que din os historiadores e outras persoas sobre os cambios que houbo no mundo de 1914 en diante.

“O tempo no que os valores morais se viñeron abaixo” (¡Despertad!, abril 2007)

 Por que sabemos que a profecía do capítulo 4 de Daniel tamén se cumpre no Reino de Deus?

“Cando empezou a gobernar o Reino de Deus? (Parte 1)” (La Atalaya, 1 outubro 2014)

Por que sabemos que os “sete tempos” que se mencionan no capítulo 4 de Daniel remataron en 1914?

“Cando empezou a gobernar o Reino de Deus? (Parte 2)” (La Atalaya, 1 novembro 2014)

a Mira os  dous últimos artigos da sección Investiga desta lección.