Ir ó contido

Ir ó índice

LECCIÓN 33

Que conseguirá o Reino de Deus

Que conseguirá o Reino de Deus

O Reino de Deus xa goberna e pronto fará grandes cambios na Terra. Nesta lección imos analizar algunhas das cousas boas que fará ese Reino.

1. Como vai restaurar o Reino de Deus a paz e a xustiza na Terra?

Xesús, o Rei do Reino de Deus, vai destruír a xente mala e os gobernos na guerra de Harmaguedón (Apocalipse 16:14, 16). Entón cumprirase a promesa da Biblia que di: “Un pouco aínda: xa os impíos non existen” (Salmo 37:10). Mediante o Reino, Xesús encargarase de que haxa paz e xustiza por toda a Terra (le Isaías 11:4).

2. Como será a vida cando se faga a vontade de Deus na Terra?

Baixo o Reino de Deus, “os xustos herdarán a terra e habitarán nela para sempre” (Salmo 37:29). Imaxina o que será vivir nun mundo onde tódalas persoas sexan xustas e amen a Xehová e ós demais. Ninguén enfermará e todos vivirán para sempre.

3. Que conseguirá o Reino de Deus despois de que a xente mala sexa destruída?

Despois de que a xente mala sexa destruída, Xesús gobernará como Rei por mil anos. Durante ese tempo, el e os 144.000 que gobernen con el axudarán ós humanos que vivan na Terra a chegar a ser perfectos. Ó final dese período, a Terra será un fermoso paraíso. Estará chea de persoas que serán felices porque obedecen as leis de Xehová. Entón Xesús entregaralle o Reino ó seu Pai. O nome de Xehová será santificado como nunca antes (Mateo 6:9, 10). Quedará demostrado que Xehová é un bo gobernante que se preocupa polas persoas. Entón Xehová destruirá a Satanás, os demos e a calquera outro que decida rebelarse contra o seu goberno (Apocalipse 20:7-10). As condicións perfectas que traerá o Reino de Deus durarán para sempre.

AFONDA MÁIS

Analiza por que podemos confiar en que Deus utilizará o Reino para cumprir tódalas promesas que hai na Biblia para o futuro.

4. O Reino de Deus vai acabar cos gobernos humanos

“Un home domina sobre outro para mal” (Eclesiastés 8:9). Xehová vai usar o seu Reino para reparar todo o dano causado polos gobernos humanos.

Lede Daniel 2:44 e 2 Tesalonicenses 1:6-8 e logo comentade estas preguntas:

  • Que farán Xehová e Xesús cos gobernos humanos e coa xente que os apoia?

  • Polo que levas aprendido sobre Xehová e Xesús, por que podes estar seguro de que todo o que farán será xusto e imparcial?

5. Xesús é o mellor Rei

Como Rei do Reino de Deus, Xesús fará moitas cousas boas polas persoas que vivan na Terra. Poñede o VÍDEO para ver como demostrou Xesús que quere axudar a xente e que ten o poder de Deus para facelo.

Cando estivo na Terra, Xesús deu un adianto do que faría o Reino. Lede os textos que falan das cousas boas que fixo e fará Xesús. Cal desas promesas tes máis ganas de ver cumprida?

CANDO ESTIVO NA TERRA, XESÚS...

DENDE O CEO, XESÚS...

  • solucionará os problemas medioambientais (Isaías 35:1, 2).

  • acabará coa fame no mundo (Salmo 72:16).

  • fará que todos teñan saúde perfecta (Isaías 33:24).

  • reparará os efectos da morte (Apocalipse 21:3, 4).

6. O Reino de Deus daranos un futuro marabilloso

O Reino vai cumprir o que Xehová tiña pensado dende o principio para os humanos. Vivirán para sempre na Terra feita un paraíso. Poñede o VÍDEO para ver o que está a facer Xehová mediante Xesús para cumprir o seu propósito.

Lede Salmo 145:16 e logo comentade esta pregunta:

  • Como te sentes ó saber que Xehová lle dará “fartura a todo ser vivo”?

HAI QUEN DI: “Se traballamos xuntos podemos solucionar os problemas do mundo”.

  • Que problemas vai solucionar o Reino de Deus que os gobernos humanos non poden eliminar?

RESUMO

O Reino de Deus vai lograr o seu obxectivo. Converterá toda a Terra nun paraíso cheo de persoas boas que adorarán a Xehová para sempre.

Repaso

  • Como se santificará o nome de Xehová grazas ó seu Reino?

  • Por que podemos confiar en que o Reino de Deus cumprirá as promesas da Biblia?

  • De tódalas cousas boas que vai conseguir o Reino, cal é a que máis esperas ver cumprida?

Intenta isto

INVESTIGA

Descubre que é o Harmaguedón.

“Que é a guerra de Harmaguedón?” (Artigo web)

Le o que vai suceder durante o reinado de mil anos de Xesús e o que pasará xusto despois.

“Que pasará durante o Día do Xuízo?” (La Atalaya, 1 setembro 2012)

Mira como poden as familias imaxinar que están xuntas no Paraíso desfrutando das cousas boas que fará o Reino.

Imaxínate no Paraíso (1:50)

No artigo “Tiña moitas preguntas na cabeza” fíxate en como un rebelde político atopou as respostas que buscaba.

“A Biblia cambioulles a vida” (La Atalaya, 1 xaneiro 2012)