Ir ó contido

Ir ó índice

LECCIÓN 41

Que di a Biblia sobre o sexo?

Que di a Biblia sobre o sexo?

Aínda que moitas persoas se senten incómodas ó falar de sexo, a Biblia si que fala deste tema. E sempre o fai de xeito directo pero digno. O que di benefícianos. Iso ten sentido porque Xehová é o noso Creador e sabe o que é mellor para nós. El dinos o que debemos facer para agradarlle e para desfrutar da vida para sempre.

1. Cal é o punto de vista de Xehová sobre o sexo?

O sexo é un regalo que Xehová lles dá a un home e unha muller que están casados entre eles. Este regalo non só lles permite ós matrimonios ter fillos senón tamén demostrarse amor e cariño dunha maneira natural e pracenteira. Por iso a Biblia di que “goces coa compañeira da túa mocidade” (Proverbios 5:18, 19). Xehová espera que os cristiáns casados sexan leais un ó outro. Por iso nunca cometerían adulterio (le Hebreos 13:4).

2. Que é a inmoralidade sexual?

A Biblia dinos que as persoas que practican inmoralidade sexual ou fornicación “non herdarán o Reino de Deus” (Gálatas 5:19-21). Os escritores da Biblia que escribiron en grego usaron a palabra porneia para describir a inmoralidade sexual. Esta palabra inclúe as relacións sexuais a 1) entre persoas que non están casadas entre elas, 2) entre persoas do mesmo sexo e 3) con animais. Evitar a inmoralidade sexual é bo para nós e, cando o facemos, agradámoslle a Xehová (1 Tesalonicenses 4:3).

AFONDA MÁIS

Analiza como podes evitar a inmoralidade sexual e como te beneficia manterte limpo en sentido moral.

3. Fuxe da inmoralidade sexual

A Xosé, un home fiel do pasado, non lle foi fácil manterse limpo en sentido moral. Lede Xénese 39:1-12 e logo comentade estas preguntas:

  • Por que decidiu fuxir Xosé? (Ver o versículo 9).

  • Pensas que Xosé tomou unha boa decisión? Por que?

Como pode a xente nova imitar a Xosé e fuxir da inmoralidade sexual? Poñede o VÍDEO.

Xehová quere que rechacemos a inmoralidade. Lede 1 Corintios 6:18 e logo comentade estas preguntas:

  • Que situacións poderían levar a alguén a cometer inmoralidade sexual?

  • Que podes facer para fuxir da inmoralidade?

4. Podes resistir a tentación

Que cousas poden facer que sexa difícil resistir a tentación de cometer inmoralidade sexual? Poñede o VÍDEO e logo comentade esta pregunta:

  • Que fixo o irmán do vídeo cando se deu conta de que os seus pensamentos e as súas accións poderían levalo a serlle infiel á súa muller?

Incluso os cristiáns fieis teñen que esforzarse por manter limpos os seus pensamentos. Que podes facer para non quedarte pensando en cousas inmorais? Lede Filipenses 4:8 e logo comentade estas preguntas:

  • En que tipo de cousas deberiamos pensar?

  • Por que ler a Biblia e estar ocupados no servizo a Xehová pode axudarnos a non caer na inmoralidade sexual?

5. As normas de Xehová benefíciannos

Xehová sabe o que é mellor para nós. El dinos como manternos limpos en sentido moral e os beneficios de facelo. Lede Proverbios 7:7-27 ou poñede o VÍDEO. Logo comentade estas preguntas:

  • Como se meteu o rapaz nunha situación perigosa? (Ver Proverbios 7:8, 9).

  • Proverbios 7:23, 26 di que a inmoralidade sexual pode ter consecuencias graves. Que problemas podemos evitar se nos mantemos limpos en sentido moral?

  • Por que manternos limpos en sentido moral nos pode axudar a desfrutar da vida para sempre?

Algunhas persoas pensan que o que di a Biblia sobre a homosexualidade non é amoroso. Pero Xehová é un Deus de amor e quere que todo o mundo desfrute da vida para sempre. E para conseguilo temos que vivir de acordo coas súas normas. Lede 1 Corintios 6:9-11, TNM e logo comentade esta pregunta:

  • Dende o punto de vista de Xehová, son os desexos homosexuais os únicos contra os que hai que loitar?

Para agradarlle a Deus todos temos que facer cambios. Vale a pena esforzarse? Lede Salmo 19:9, 12 (19:8, 11, TNM) e logo comentade estas preguntas:

  • Pensas que as normas morais de Xehová son razoables? Por que pensas así?

Xehová axudou a moitas persoas a seguir as súas normas morais. E tamén che pode axudar a ti

HAI QUEN DI: “Que ten de malo que dúas persoas teñan relacións sexuais se se queren?”.

  • Ti que dirías?

RESUMO

O sexo é un regalo que Xehová lles dá ó home e á muller que están casados entre eles para que o desfruten xuntos.

Repaso

  • Que inclúe a inmoralidade sexual?

  • Que nos axudará a evitar a inmoralidade sexual?

  • Como nos beneficia seguir as normas morais de Xehová?

Intenta isto

INVESTIGA

Examina por que lle importa a Deus se unha parella está casada ou non.

“Que di a Biblia sobre vivir xuntos sen estar casados?” (Artigo web)

Aprende por que as normas da Biblia sobre a homosexualidade non promoven o odio.

“Está mal a homosexualidade?” (Artigo web)

Fíxate en como nos protexen as normas de Deus sobre o sexo.

“É o sexo oral realmente sexo?” (Artigo web)

No relato “Tratáronme con dignidade” mira o que motivou a un home homosexual a cambiar a súa maneira de vivir para agradar a Deus.

“A Biblia cambioulles a vida” (La Atalaya, 1 abril 2011)

a As relacións sexuais inclúen varias prácticas, como por exemplo: o sexo vaxinal, o sexo oral, o sexo anal e tocar os xenitais doutra persoa coa intención de dar ou recibir pracer sexual.