Ir ó contido

Ir ó índice

LECCIÓN 45

Que significa ser neutral

Que significa ser neutral

Xesús ensinou que os seus seguidores non deben ser parte do mundo (Xoán 15:19). Isto inclúe ser neutral, é dicir, non tomar partido en asuntos políticos nin en guerras. O certo é que non sempre é fácil ser neutral. Poida que se burlen de ti por iso. Como podemos manternos neutrais e seguir sendo leais a Xehová?

1. Como ven os cristiáns verdadeiros ós gobernos humanos?

Os cristiáns respectamos o goberno. Seguimos o mandato de Xesús: “dádelle ó César o do César”. Isto significa que obedecemos as leis do país, como por exemplo as que nos mandan pagar impostos (Marcos 12:17). A Biblia ensina que os gobernos humanos están aí só porque Xehová lles permite gobernar (Romanos 13:1). Así que entendemos que os gobernos humanos só teñen autoridade relativa ou limitada. Sabemos que Deus e o seu Reino celestial son a única solución para os problemas da humanidade.

2. Como podemos demostrar que somos neutrais?

Igual que Xesús, os cristiáns non nos metemos en política. Cando as persoas viron un dos milagres de Xesús e intentaron facelo rei aquí na Terra, el non lles deixou (Xoán 6:15). Por que non? Porque como dixo máis tarde: “O meu reino non é deste mundo” (Xoán 18:36). Como discípulos de Xesús, demostramos a nosa neutralidade de moitas formas. Por exemplo, non imos á guerra (le Miqueas 4:3). Respectamos os símbolos nacionais, como as bandeiras, pero non lles damos a honra que só lle debemos dar a Deus (1 Xoán 5:21). E tampouco nos poñemos nin a favor nin en contra de ningún candidato ou partido político. Destas e doutras maneiras demostramos que somos leais ó Reino ou goberno de Deus.

AFONDA MÁIS

Analiza situacións que poderían poñer a proba a nosa neutralidade e mira como podes tomar decisións que lle agraden a Xehová.

3. Os verdadeiros cristiáns son neutrais

Xesús e os seus seguidores puxéronnos o exemplo. Lede Romanos 13:1, 5-7 e 1 Pedro 2:13, 14. Logo poñede o VÍDEO e comentade estas preguntas:

  • Por que deberiamos respectar os gobernos humanos?

  • De que xeitos demostramos que nos sometemos a eles?

En tempos de guerra algunhas nacións din ser neutrais, pero dalgunha maneira acaban axudando a ambas partes. Entón, que significa en realidade ser neutral? Lede Xoán 17:16. Logo poñede o VÍDEO e comentade esta pregunta:

  • Que significa ser neutral?

E que pasa se as autoridades nos piden algo que vai en contra da lei de Deus? Lede Feitos 5:28, 29. Logo poñede o VÍDEO e comentade estas preguntas:

  • Se hai un conflito entre as leis humanas e a lei de Deus, cal deberiamos obedecer?

  • Ocórreseche algunha situación na que os cristiáns non obedecerían as autoridades humanas?

4. Sexamos neutrais no que pensamos e no que facemos

Lede 1 Xoán 5:21. Logo poñede o VÍDEO e comentade estas preguntas:

  • Por que decidiu Ayenge non unirse ó partido político nin participar en cerimonias nacionalistas coma o saúdo á bandeira?

  • Pensas que tomou unha boa decisión?

Que outras situacións poderían poñer a proba a nosa neutralidade? Poñede o VÍDEO e logo comentade estas preguntas:

  • Como podemos manternos neutrais cando hai un evento deportivo internacional?

  • Como podemos manternos neutrais incluso se as decisións dos políticos nos afectan persoalmente?

  • Como poderían as nosas compañías ou o que escoitamos nas noticias influír na nosa neutralidade?

En que situacións debe un cristián manterse neutral cos seus pensamentos e as súas accións?

ALGUÉN PODERÍA PREGUNTAR: “Por que non apoiades ningún partido político?”.

  • Ti que lle dirías?

RESUMO

Os cristiáns esforzámonos por ser neutrais en asuntos políticos cos nosos pensamentos, palabras e accións.

Repaso

  • Cal é o noso deber con respecto ós gobernos humanos?

  • Por que debemos manternos neutrais en asuntos políticos?

  • Que situacións poderían poñer a proba a nosa neutralidade?

Intenta isto

INVESTIGA

Que sacrificios poida que teñamos que facer para manternos neutrais?

Xehová nunca nos fallou (3:14)

Como poden prepararse as familias para situacións que poderían poñer a proba a súa neutralidade?

Sexamos neutrais nos eventos públicos (4:25)

Por que defender o seu país non é o honor máis grande que unha persoa poida ter?

“Para Deus todo é posible” (5:19)

Mira que podes facer para non ser parte do mundo ó tomar decisións relacionadas co traballo.

Cada un ten que ser responsable das súas decisións (La Atalaya, 15 marzo 2006)