Ir ó contido

Ir ó índice

LECCIÓN 50

Como podes ter unha familia feliz? (Parte 2)

Como podes ter unha familia feliz? (Parte 2)

Os fillos son un agasallo de Xehová. El espera que os pais coiden ben dese regalo e dálles bos consellos para que poidan facelo. Tamén lles dá consellos ós fillos para que poidan contribuír a que a familia sexa máis feliz.

1. Que consellos lles dá Xehová ós pais?

Xehová espera que os pais amen os seus fillos e que pasen con eles todo o tempo que poidan. Tamén quere que protexan os fillos de calquera perigo e que utilicen os principios da Biblia para educalos (Proverbios 1:8). Xehová dilles ós pais que eduquen os seus fillos “na doutrina do Señor” (le Efesios 6:4). A Xehová gústalle que os pais sigan a súa guía ó criar os fillos e que non lles pasen esa responsabilidade a outros.

2. Que consellos lles dá Xehová ós fillos?

Xehová dilles ós fillos: “Sede ben guiados en todo cos vosos pais” (le Colosenses 3:20). Cando os fillos respectan e obedecen a seus pais, fanos felices a eles e tamén a Xehová (Proverbios 23:22-25). Xesús puxo un bo exemplo cando era neno. Aínda que era perfecto, obedeceu e respectou a seus pais (Lucas 2:51, 52).

3. Como pode a túa familia achegarse máis a Deus?

Se tes fillos, seguro que queres que amen a Xehová tanto coma ti. Como podes conseguilo? Facendo o que Xehová di sobre os principios bíblicos: “Inculcarásllelos ós teus fillos e falarás deles estando na túa casa e indo polo teu camiño” (Deuteronomio 6:7). Inculcar significa ensinar algo repetíndoo varias veces. Probablemente saibas que, para que os teus fillos se acorden de algo, tes que repetírllelo varias veces. Este texto quere dicir que deberías buscar ocasións a miúdo para falar de Xehová cos teus fillos. É unha boa idea apartar tempo tódalas semanas para adorar a Xehová en familia. E aínda que non teñas fillos, tamén será bo para ti que saques tempo para estudar a Palabra de Deus tódalas semanas.

AFONDA MÁIS

Analiza consellos prácticos que poden contribuír a que a túa familia sexa feliz e viva segura.

4. Educa os teus fillos con amor

Educar un fillo pode ser un desafío. Como pode axudarche a Biblia? Lede Santiago 1:19, 20 e logo comentade estas preguntas:

  • Como poden os pais demostrar amor cando falan cos seus fillos?

  • Por que un pai nunca debería disciplinar os seus fillos cando está enfadado? a

5. Protexe os teus fillos

Para protexer os teus fillos é imprescindible que fales con cada un deles sobre sexo, aínda que poida ser incómodo. Poñede o VÍDEO e logo comentade estas preguntas:

  • Por que se lles fai tan difícil a algúns pais falarlles de sexo ós seus fillos?

  • Que fixeron algúns pais para falarlles de sexo ós seus fillos?

A Biblia xa profetizou que o mundo de Satanás sería cada vez peor. Lede 2 Timoteo 3:1, 13 e logo comentade esta pregunta:

  • Algunhas das persoas ruíns das que fala o versículo 13 abusan sexualmente dos nenos. Tendo isto en conta, por que é importante que os pais lles falen ós seus fillos sobre sexo e lles ensinen como protexerse dos abusadores?

Sabíalo?

As Testemuñas de Xehová producen moitas publicacións e vídeos que poden axudar ós pais a falar cos seus fillos sobre sexo e a protexelos do abuso sexual. Mira algúns exemplos:

6. Respecta a teus pais

Os nenos e os adolescentes poden demostrar que respectan a seus pais pola forma na que lles falan. Poñede o VÍDEO e logo comentade estas preguntas:

  • Por que é bo para os rapaces falarlles con respecto a seus pais?

  • Como pode un rapaz demostrar que respecta a seus pais pola forma de falarlles?

Lede Proverbios 1:8 e logo comentade esta pregunta:

  • Como debería reaccionar un rapaz cando os seus pais lle poñen normas?

7. Adorade a Xehová en familia

As familias das testemuñas de Xehová apartan un tempo específico tódalas semanas para adorar xuntos a Deus. Que podedes facer durante a adoración en familia? Poñede o VÍDEO e logo comentade estas preguntas:

  • Que pode facer unha familia para ter un programa regular de adoración en familia?

  • Se tes fillos, que podes facer para que a adoración en familia sexa práctica e divertida? (Ver a imaxe do principio desta lección).

  • Que podería facer que vos sexa difícil estudar en familia?

No antigo Israel, Xehová esperaba que as familias tivesen o costume de falar das Escrituras. Lede Deuteronomio 6:6, 7 e logo comentade esta pregunta:

  • Como podes aplicar este principio?

Ideas para a adoración en familia:

  • Preparade as reunións de congregación.

  • Lede e comentade algún relato da Biblia que vos guste a todos.

  • Se tes nenos, descarga e imprime algunha das actividades para os nenos de jw.org.

  • Se tes fillos adolescentes, comentade algún artigo para os adolescentes de jw.org.

  • Representade xuntos un relato da Biblia.

  • Mirade e comentade un vídeo de jw.org.

HAI QUEN DI: “A Biblia é demasiado complicada para os nenos”.

  • Ti que dirías?

RESUMO

Xehová quere que os pais amen, eduquen e protexan os fillos, que os fillos respecten e obedezan os pais, e que todos o adoren xuntos en familia.

Repaso

  • Como poden os pais educar e protexer os seus fillos?

  • Como poden os fillos demostrar que respectan a seus pais?

  • Cales son os beneficios de apartar tempo tódalas semanas para adorar a Xehová en familia?

Intenta isto

INVESTIGA

Que leccións axudarán ós teus fillos a estar preparados para cando sexan adultos?

“Seis leccións que necesitan aprender os nenos” (Despertade!, núm. 2 2019)

Descubre algúns consellos da Biblia para os que coidan dos pais maiores.

“Que di a Biblia sobre coidar dos pais maiores?” (Artigo web)

Mira como un home que non sabía como educar os fillos acabou sendo un bo pai.

Xehová ensinounos como educar os nosos fillos (5:58)

Analiza como poden os pais facer máis forte a relación cos seus fillos.

“Que poden facer os pais para manterse achegados ós seus fillos?” (La Atalaya, 1 novembro 2011)

a Cando a Biblia fala de disciplinar, refírese a dar instrución, guía e corrección. Nunca significa abuso ou crueldade (Efesios 6:4).