Ir ó contido

Ir ó índice

LECCIÓN 52

Por que son importantes a nosa roupa e o noso aspecto

Por que son importantes a nosa roupa e o noso aspecto

Cada un ten os seus gustos sobre como vestir. Se seguimos uns poucos principios bíblicos, poderemos vestirnos como a nós nos gusta e ó mesmo tempo agradarlle a Xehová. Nesta lección imos analizar algúns deses principios.

1. Que principios bíblicos poden axudarnos a tomar decisións sobre o noso aspecto e a nosa forma de vestir?

Debemos escoller “roupa apropiada, [...] con modestia e bo xuízo” e manter un aspecto limpo que demostre a nosa “devoción a Deus” (1 Timoteo 2:9, 10, TNM). Analiza estes catro principios: 1) A nosa roupa debe ser “apropiada”. Como viches nas reunións de congregación, as testemuñas de Xehová temos diferentes gustos, pero a nosa roupa e o noso peiteado demostran respecto polo Deus que adoramos. 2) Vestir “con modestia” significa que a nosa imaxe non é provocativa nin tampouco debería atraer demasiado a atención cara a nós mesmos. 3) Demostramos “bo xuízo” cando non estamos pendentes de ir sempre á última moda. 4) O noso aspecto sempre debería deixar ver a nosa “devoción a Deus” para demostrarlles ós demais que adoramos a Xehová, o Deus verdadeiro (1 Corintios 10:31).

2. Que efecto pode ter o noso aspecto nos irmáns?

Aínda que temos liberdade para escoller a roupa que imos levar, deberiamos pensar no efecto que podería ter a nosa imaxe nos demais. Facemos todo o posible por non ofender a ninguén porque a Biblia di que “cada un de nós compraza ó seu próximo para o ben, con miras á edificación” (le Romanos 15:1, 2).

3. Como pode o noso aspecto atraer a outros á adoración verdadeira?

Aínda que intentamos vestir de maneira apropiada en todo momento, dámoslle especial importancia á nosa roupa cando imos ás reunións de congregación e a predicar. Non queremos que nada lle quite valor á importante mensaxe que lles levamos ás persoas. Máis ben, queremos que o noso aspecto faga que outros queiran acercarse á verdade e lle dea “honor á doutrina de Deus” (Tito 2:10).

AFONDA MÁIS

Analiza como podes asegurarte de que a túa roupa e o teu aspecto sexan apropiados para un cristián.

A nosa imaxe pode demostrar se respectamos ou non as persoas que teñen autoridade. Aínda que Xehová pode ver o que temos no corazón, o noso aspecto tamén debería demostrar que o respectamos

4. Unha boa aparencia demostra respecto por Xehová

Cal é a razón máis importante para coidar a nosa imaxe? Lede Apocalipse 4:11 e logo comentade estas preguntas:

  • Como debería influír na nosa forma de vestir o feito de que representamos a Xehová?

  • Pensas que é razoable que nos preocupemos polo noso aspecto cando imos ás reunións e a predicar? Por que pensas así?

5. Como tomar boas decisións sobre a roupa e o aspecto

Poñede o VÍDEO.

Sen importar se a nosa roupa é cara ou barata, sempre debería estar limpa e ser apropiada para cada situación. Lede 1 Corintios 10:24 e 1 Timoteo 2:9, 10. Logo comentade por que deberiamos evitar roupa que sexa...

  • descoidada ou demasiado informal.

  • axustada, que deixe ver demasiado ou que sexa provocativa dalgunha outra maneira.

Aínda que os cristiáns xa non estamos baixo a Lei de Moisés, nela podemos ver o que pensa Xehová. Lede Deuteronomio 22:5 e logo comentade esta pregunta:

  • Por que debemos evitar o aspecto e a roupa que fan que os homes parezan mulleres ou que as mulleres parezan homes?

Lede 1 Corintios 10:32, 33 e 1 Xoán 2:15, 16 e logo comentade estas preguntas:

  • Por que debería importarnos se o noso aspecto ofende ou non a alguén na zona onde vivimos ou na congregación?

  • Que estilos son comúns no lugar onde vives?

  • Pensas que algún deses estilos podería non ser apropiado para un cristián? Por que pensas así?

Aínda que non todos teñamos o mesmo aspecto nin a mesma forma de vestir, podemos agradarlle a Xehová

HAI QUEN DI: “Teño dereito a poñer o que me dea a gana”.

  • Estás de acordo? Por que pensas así?

RESUMO

Cando tomamos boas decisións sobre o noso aspecto, demostramos que respectamos a Xehová e os demais.

Repaso

  • Por que a nosa roupa e o noso aspecto son importantes para Xehová?

  • Que principios bíblicos poden axudarnos a tomar decisións sobre o noso aspecto?

  • Que efecto pode ter a nosa imaxe no que pensan os demais sobre a adoración verdadeira?

Intenta isto

INVESTIGA

Mira o que podería estar dicindo de ti a túa roupa.

“Que di de min a miña roupa?” (Artigo web)

Descubre por que deberías pensalo ben antes de facerte unha tatuaxe.

“Que di a Biblia sobre as tatuaxes?” (Artigo web)

Analiza outros principios da Biblia que poden axudarche a tomar boas decisións.

“Dálle gloria a Deus a túa forma de vestir?” (La Atalaya, setembro 2016)

Mira como unha muller acabou tendo un punto de vista equilibrado sobre a aparencia.

“A súa maneira de vestir era un tropezo para min” (¡Despertad!, 22 decembro 2003)