Ir ó contido

Ir ó índice

LECCIÓN 58

Continúa sendo leal a Xehová

Continúa sendo leal a Xehová

Os cristiáns verdadeiros estamos decididos a non deixar que nada nin ninguén se interpoña nunca na nosa adoración a Xehová. Seguro que ti tamén te sentes así. Xehová valora a túa lealdade (le Deuteronomio 10:12). Que situacións poderían poñer a proba a túa lealdade a Xehová e como podes afrontalas?

1. Como poderían outros poñer a proba a túa lealdade a Xehová?

Algúns intentarán facer que deixemos de servir a Xehová. Quen faría algo así? Algunhas persoas que deixaron a verdade contan mentiras sobre a organización de Deus para destruír a nosa fe. A estas persoas chámaselles apóstatas. Ademais, algúns líderes relixiosos espallan información falsa sobre nós para que os máis inxenuos deixen a verdade. É moi perigoso que falemos ou intentemos razoar con calquera destes opositores, que leamos os seus libros ou blogs, que visitemos as súas páxinas de Internet ou que vexamos os seus vídeos. Cando falou dos que intentan desanimar a outros para que deixen de servir a Xehová, Xesús dixo: “Deixádeos: son cegos e guías de cegos. Se un cego guía a outro cego, ambos caerán na cova” (Mateo 15:14).

E que pasa se alguén que coñecemos decide que xa non quere seguir sendo testemuña de Xehová? Pode partirnos o corazón que alguén a quen queremos moito faga algo así. Poida que esa persoa nos faga escoller entre ela e Xehová. Pero temos que estar decididos a seguir sendo leais a Deus por enriba de todo (Mateo 10:37). Por iso obedecemos o mandato de Xehová de non xuntarnos con esas persoas (le 1 Corintios 5:11).

2. Que decisións persoais poderían poñer a proba a nosa lealdade a Xehová?

O noso amor por Xehová fará que evitemos calquera cousa que teña que ver coa relixión falsa. Nin o noso traballo nin as organizacións ás que pertencemos nin as actividades nas que participamos deberían estar relacionadas coa relixión falsa. Falando de Babilonia a Grande, Xehová advírtenos: “Saíde dela, meu pobo” (Apocalipse 18:2, 4).

AFONDA MÁIS

Aprende como podes evitar que alguén debilite a túa lealdade a Xehová. E mira como podes demostrar a túa lealdade saíndo de Babilonia a Grande.

3. Ten coidado cos falsos mestres

Como deberiamos reaccionar se escoitamos cousas negativas sobre a organización de Xehová? Lede Proverbios 14:15 e logo comentade esta pregunta:

  • Por que non debemos crer todo o que oímos?

Lede 2 Xoán 10 e logo comentade estas preguntas:

  • Como deberiamos tratar os apóstatas?

  • Aínda que non nos relacionemos directamente cos apóstatas, como poderiamos chegar a ter contacto co que ensinan?

  • Como cres que se sentiría Xehová se nos paramos a escoitar as cousas negativas que se din del ou da súa organización?

4. Continúa sendo leal a Deus cando un irmán cometa un pecado

Se sabemos que alguén na congregación cometeu un pecado grave, que obriga temos? Analiza un principio da lei que Deus lle deu ó antigo Israel. Lede Deuteronomio 13:9 (13:8, TNM).

Como di este texto, se descubrimos que alguén cometeu un pecado grave, temos que contarlles ós anciáns o que sabemos. Pero antes de facelo, sería unha mostra de amor dicirlle a quen cometeu o pecado que ten que contárllelo ós anciáns. Se non o fai, a nosa lealdade a Xehová debería impulsarnos a falar nós mesmos cos anciáns. De que xeito demostra isto o amor leal que sentimos...

  • por Xehová?

  • pola persoa que pecou?

  • polo resto da congregación?

Se un irmán se mete en problemas, axúdao!

5. Mantente lonxe de Babilonia a Grande

Lede Lucas 4:8 e Apocalipse 18:4, 5 e logo comentade estas preguntas:

  • Sigo aparecendo como membro nos rexistros dunha relixión falsa?

  • Pertenzo a algunha organización que estea relacionada con outra relixión?

  • Apoia dalgún xeito o meu traballo á relixión falsa?

  • Hai algún outro aspecto da miña vida no que me teña que separar da relixión falsa?

  • Se contestei que si a algunha destas preguntas, que cambios debería facer?

En tódolos casos, toma decisións que te deixen coa conciencia limpa e que demostren a túa lealdade a Xehová.

Que farías se che piden que colabores cunha obra de caridade relacionada cunha organización relixiosa?

HAI QUEN DI: “Para defender a verdade terei que saber o que din os apóstatas sobre as Testemuñas de Xehová”.

  • Pensas que sería sabio facer iso? Por que pensas así?

RESUMO

Para continuar sendo leais a Xehová temos que evitar xuntarnos cos que lle son desleais. Tamén temos que separarnos completamente da relixión falsa.

Repaso

  • Por que non deberiamos ver, ler ou escoitar ideas apóstatas?

  • Como deberiamos tratar a alguén que xa non quere seguir sendo testemuña de Xehová?

  • Como podemos obedecer o mandato de fuxir da relixión falsa?

Intenta isto

INVESTIGA

Aprende como reaccionar cando outros espallan noticias falsas sobre as Testemuñas de Xehová.

“Temos toda a información?” (La Atalaya, agosto 2018)

Como podes identificar as organizacións ou actividades que apoian a Babilonia a Grande?

“Manteñámonos ocupados no remate dos ‘días derradeiros’” (La Atalaya, outubro 2019, parágrafos 16-18)

Que fixeron algúns opositores para intentar debilitar a nosa fe?

Coidado co engano (9:32)

No relato “Levaba buscando a Deus dende neno”, le sobre un pastor xintoísta que rompeu con todo o que o unía á relixión falsa.

“A Biblia cambioulles a vida” (La Atalaya, 1 xullo 2011)