Ir ó contido

Ir ó índice

LECCIÓN 59

Ti podes aguantar a persecución

Ti podes aguantar a persecución

Antes ou despois, tódolos cristiáns afrontaremos oposición e incluso persecución. Debería asustarnos iso?

1. Por que contamos con que nos persigan?

A Biblia di claramente: “Tódolos que queiran vivir coma bos cristiáns padecerán persecución” (2 Timoteo 3:12). Xesús foi perseguido porque non era parte do mundo de Satanás. E como nós tampouco o somos, non nos sorprende que os gobernos e as organizacións relixiosas deste mundo nos persigan (Xoán 15:18, 19).

2. Como podemos prepararnos para a persecución?

É agora cando temos que fortalecer a nosa confianza en Xehová. Saca tempo tódolos días para orarlle e para ler a súa Palabra. Asiste con regularidade ás reunións de congregación. Todo isto darache as forzas que necesitas para afrontar calquera tipo de persecución con valor, mesmo se vén dos teus familiares. O apóstolo Paulo, que foi perseguido moitas veces, escribiu: “Teño no Señor o meu abeiro: por iso non teño medo” (Hebreos 13:6).

Outra cousa que nos axudará a ser máis valentes é predicar con regularidade. A predicación ensínanos a confiar máis en Xehová e a superar o medo ó home (Proverbios 29:25, TNM). Se fas que medre o teu valor para predicar agora, estarás ben preparado para seguir predicando incluso se os gobernos nolo prohiben (1 Tesalonicenses 2:2).

3. Como nos beneficia aguantar a persecución?

Claro, non nos gusta que nos persigan. Pero cando aguantamos a persecución, a nosa fe faise máis forte. Tamén nos achegamos máis a Xehová porque vemos a súa axuda cando sentimos que xa non podemos máis (le Santiago 1:2-4). A Xehová dóelle vernos sufrir, pero agrádalle ver que nos mantemos leais. A Biblia di: “Se vos portades ben e, mesmo así, aguantades sufrimentos, isto é precioso ós ollos de Deus” (1 Pedro 2:20). A recompensa que Xehová lles dará ós que aguanten fieis é vida eterna nun mundo no que ninguén se opoña á adoración verdadeira (Mateo 24:13).

AFONDA MÁIS

Repasa por que podes estar seguro de que serás capaz de seguir sendo leal a Xehová a pesar da persecución. E mira como te vai recompensar.

4. Podes aguantar a oposición da familia

Xesús foi realista e recoñeceu que quizais a nosa familia non apoiaría a nosa decisión de adorar a Xehová. Lede Mateo 10:34-36 e logo comentade esta pregunta:

  • Que podería pasar se alguén da familia decide adorar a Xehová?

Para ver un exemplo disto, poñede o VÍDEO e logo comentade esta pregunta:

  • Que farías se un familiar ou un amigo intenta que deixes de servir a Xehová?

Lede Salmo 27:10 e Marcos 10:29, 30. Despois de ler cada texto comentade esta pregunta:

  • Como che pode axudar esta promesa se estás a sufrir oposición da familia ou dos amigos?

5. Continúa servindo a Xehová a pesar da persecución

Fai falta valor para servir a Xehová cando outros intentan impedircho. Poñede o VÍDEO e logo comentade esta pregunta:

  • Como te fortalece o exemplo destes irmáns?

Lede Feitos 5:27-29 e Hebreos 10:24, 25. Despois de ler cada texto comentade esta pregunta:

  • Por que é tan importante seguir adorando a Xehová aínda que a predicación ou as reunións estean prohibidas?

6. Xehová axudarache a aguantar

Testemuñas de Xehová de diferentes idades e culturas continuaron sendo leais a Xehová a pesar da persecución que sufriron. Para ver o que lles axudou, poñede o VÍDEO. Logo comentade esta pregunta:

  • Que lles axudou ás testemuñas de Xehová do vídeo a aguantar?

Lede Romanos 8:35, 37-39 e Filipenses 4:13. Despois de ler cada texto comentade esta pregunta:

  • Por que te convence este texto de que poderás aguantar calquera proba?

Lede Mateo 5:10-12 e logo comentade esta pregunta:

  • Por que podes ser feliz aínda que te persigan?

Millóns de adoradores de Xehová conseguiron aguantar a oposición. Ti tamén podes!

HAI QUEN DI: “Eu non podería aguantar a persecución”.

  • Que textos poderían darlle a esa persoa a confianza que precisa?

RESUMO

Xehová valora moito os nosos esforzos por servilo a pesar da persecución. Coa súa axuda, podemos aguantar calquera proba!

Repaso

  • Por que deberiamos os cristiáns contar con que nos van perseguir?

  • Que podes facer xa agora para estar preparado cando veña a persecución?

  • Que pode axudarche a estar convencido de que podes servir a Xehová a pesar de calquera proba?

Intenta isto

INVESTIGA

Mira como Xehová axudou a un mozo a aguantar cando estivo no cárcere por ser neutral.

Aguantamos a pesar da persecución (2:34)

Analiza que lle axudou a unha parella a seguir servindo a Xehová a pesar de sufrir persecución durante anos.

Servimos a Xehová en tempos de cambios (7:11)

Aprende como afrontar a persecución con valor.

“Preparémonos agora para a persecución” (La Atalaya, xullo 2019)

Como debemos ver a oposición da familia e que podemos facer para manter a paz e seguir sendo leais a Xehová?

“A verdade non trae ‘paz senón espada’” (La Atalaya, outubro 2017)