Ir ó contido

Ir ó índice

Sección 1 | Repaso

Sección 1 | Repaso

Comenta estas preguntas co teu mestre:

  1. Que é o que máis che gusta das promesas da Biblia para o futuro?

    (Mira a lección 02)

  2. Por que cres que a Biblia é a Palabra de Deus?

    (Mira as leccións 03 e 05)

  3. Por que é importante usar o nome de Deus, Xehová?

    (Mira a lección 04)

  4. A Biblia di sobre Deus: “Está en ti a fonte da vida” (Salmo 36:10 [36:9, TNM]). Cres que é certo?

    (Mira a lección 06)

  5. Le Proverbios 3:32.

    • Por que Xehová é o mellor amigo que podemos ter?

    • Que espera Xehová dos seus amigos? Pensas que o que pide é razoable?

      (Mira as leccións 07 e 08)

  6. Le Salmo 62:9 (62:8, TNM).

    • Cales son algunhas das cousas sobre as que lle oraches a Xehová? Sobre que outras cousas lle poderías orar?

    • Como contesta Xehová as oracións?

      (Mira a lección 09)

  7. Le Hebreos 10:24, 25.

    • Como che poden axudar as reunións das Testemuñas de Xehová?

    • Pensas que vale a pena esforzarse por ir ás reunións?

      (Mira a lección 10)

  8. Por que é bo ler a Biblia con regularidade? Cal é o teu programa diario de lectura da Biblia?

    (Mira a lección 11)

  9. Que é o que máis che gustou do que levas aprendido no curso da Biblia?

  10. Dende que empezaches a estudar a Biblia, atopácheste con algún desafío? Cal? Que che pode axudar a seguir estudando?

    (Mira a lección 12)