Ir ó contido

Ir ó índice

Estou preparado?

Estou preparado?

Estou preparado para predicar coa congregación?

Poida que esteas preparado para ser publicador non bautizado se...

  • tes o costume de estudar a Biblia, orar e ir ás reunións de congregación.

  • valoras e cres o que estás aprendendo e queres contárllelo a outros.

  • amas a Xehová e escolles amigos que tamén o aman.

  • cortaches toda relación con calquera organización política ou da relixión falsa.

  • vives de acordo coas normas de Deus e queres ser testemuña de Xehová.

Se pensas que xa estás preparado para predicar coa congregación, o teu mestre da Biblia falará cos anciáns e eles xuntaranse contigo para ver se cumpres os requisitos.

Estou preparado para bautizarme?

Poida que esteas preparado para bautizarte se...

  • es publicador non bautizado.

  • predicas todo o que podes e con regularidade.

  • apoias e segues a guía do “criado fiel e prudente” (Mateo 24:45-47).

  • xa te dedicaches a Xehová en oración e queres servilo para sempre.

Se pensas que xa estás preparado para bautizarte, o teu mestre da Biblia falará cos anciáns e eles xuntaranse contigo para ver se cumpres os requisitos.