Ir ó contido

Ir ó índice

Introdución

Introdución

O libro Textos bíblicos para a nosa vida é unha guía que che permite buscar facilmente textos e relatos da Biblia que poden axudarche a afrontar os teus problemas. Tamén che vai axudar a atopar xusto os textos que necesitas para animar a outros e axudarlles a tomar decisións que dean gloria a Xehová. Simplemente busca o tema relacionado e deixa que as preguntas e os resumos dos relatos te guíen (mira o recadro “ Como utilizar este libro”). Encontrarás unha gran cantidade de consellos útiles, guía e consolo baseados na Palabra de Deus. Tamén atoparás valiosos tesouros que podes compartir con outros para animalos, axudarlles cos seus problemas e darlles bos consellos baseados na Biblia.

Este libro non contén tódolos textos relacionados cun tema en concreto. Pero é un excelente punto de partida para a túa investigación (Pr 2:1-6). Para afondar máis, podes usar as referencias marxinais da Tradución do Novo Mundo e as notas de estudo de La Biblia. Traducción del Nuevo Mundo (edición de estudio), dispoñible en español. Para aprender máis sobre certo texto ou relato, ou para entender o seu significado, podes buscar na Guía de estudo para as testemuñas de Xehová ou no Índice de las publicaciones Watch Tower. Aínda que estas ferramentas che permitirán acceder a toda a información que se publicou sobre certo texto, consulta as referencias máis recentes para asegurarte de atopar a información máis actualizada.

Que o libro Textos bíblicos para a nosa vida che axude a atopar a sabedoría, o coñecemento e o entendemento que contén a Biblia. Segundo vaias usando este libro estarás cada vez máis convencido de que “a palabra de Deus está viva e actúa con poder” (Heb 4:12).