Ir ó contido

Ir ó índice

Consolo

Consolo

Textos bíblicos que poden consolar os desanimados

Ansiedade

Ver “Ansiedade”.

Celos; envexa

Ver “Celos”.

Decepción cando outras persoas nos abandonan, nos fan dano ou nos traizoan

Ver “Decepción”.

Decepción polas nosas propias debilidades ou pecados

Ver “Decepción”.

Dúbidas sobre a nosa valía

Fortes sentimentos de culpa

Esd 9:6; Sl 38:3, 4, 8; 40:12

  • Relatos bíblicos relacionados:

    • 2Re 22:8-13; 23:1-3. Cando o rei Ioxías e o pobo escoitaron a Lei de Moisés sentíronse culpables polas cousas malas que fixeran.

    • Esd 9:10-15; 10:1-4. Esdras e o pobo sentíanse moi culpables porque algúns desobedeceran o mandato de Xehová e casaran con mulleres estranxeiras.

    • Lc 22:54-62. O apóstolo Pedro sentiuse moi culpable despois de negar tres veces que coñecía a Xesús.

  • Textos animadores:

    • Sl 32:5; 103:9-14; Is 1:18; Fei 3:19

    • Ver tamén Is 38:17; Miq 7:18, 19.

  • Relatos bíblicos animadores:

    • 2Cr 33:9-13, 15, 16. Menaxés estivo entre os peores reis de Xudá pero arrepentiuse e Xehová perdoouno.

    • Lc 15:11-32. Xesús contou a parábola do fillo pródigo para demostrar que Xehová é xeneroso e está disposto a perdoar por completo.

Limitacións debido a enfermidades ou a idade avanzada

Sl 71:9, 18; Ecl 12:1-7

  • Relatos bíblicos relacionados:

    • 2Re 20:1-3. O rei Ezequías rompeu a chorar cando soubo que tiña unha enfermidade mortal.

    • Flp 2:25-30. Epafrodito estaba deprimido porque a congregación escoitara que estaba enfermo. Preocupáballe que os irmáns pensasen que non podería cumprir coa súa comisión.

  • Textos animadores:

    • Sl 92:12-14; Is 40:29-31; 46:4; 2Co 8:12

  • Relatos bíblicos animadores:

    • 2Sa 17:27-29; 19:31-38. Barzilai era unha persoa moi respectada, pero foi modesto e rechazou a invitación do rei porque se sentía demasiado maior para cumprir con aquela responsabilidade.

    • Sl 41:1-3, 12. Cando o rei David estaba moi enfermo non tiña ningunha dúbida de que Xehová o ía coidar.

    • Mr 12:41-44. Xesús louvou unha viúva pobre porque contribuíu todo canto tiña.

Medo; terror

Ver “Medo”.

Persecución

Ver “Persecución”.

Rencor; resentimento

Algunhas persoas perden a alegría porque pasan por moitos problemas ou inxustizas.

Ecl 9:11, 12

Ver tamén Sl 142:4; Ecl 4:1; 7:7.

  • Relatos bíblicos relacionados:

    • Rut 1:11-13, 20. Despois da morte do seu home e os seus fillos, Noemí pensou que Xehová a abandonara.

    • Xob 3:1, 11, 25, 26; 10:1. Xob estaba amargado despois de perder os seus fillos, a súa saúde e todo o que tiña.

  • Textos animadores:

    • Rm 12:19; Snt 1:13

  • Relatos bíblicos animadores:

    • Rut 1:6, 7, 16-18; 2:2, 19, 20; 3:1; 4:14-16. Noemí volveu a Israel, onde puido recibir a axuda do pobo de Deus e axudar a outros. Grazas a iso recuperou a felicidade.

    • Xob 42:7-16; Snt 5:11. Xob aguantou as probas con fe e Xehová bendiciuno moito.

Algunhas persoas están amargadas polas cousas malas que fan outros.

Ecl 4:1, 2

  • Relatos bíblicos relacionados:

    • 1Sa 1:6, 7, 10, 13-16. Ana sentíase moi mal por como a trataba Peninah. Tamén lle doeu moito que o sumo sacerdote Elí pensase que estaba borracha.

    • Xob 8:3-6; 16:1-5; 19:2, 3. Os tres amigos de Xob, que debían darlle consolo, condenárono inxustamente e fixeron que se sentise aínda peor.

  • Textos animadores:

    • Sl 37:8, 9; Ef 4:26

  • Relatos bíblicos animadores:

    • 1Sa 1:9-11, 18. Ana sentiuse aliviada despois de orarlle a Xehová con todo o seu corazón.

    • Xob 42:7, 8, 10, 17. Despois de que Xob perdoase os seus tres amigos, Xehová devolveulle a saúde e a felicidade.

Sentimentos de incapacidade ó enfrontarnos a un problema ou responsabilidade

  • Relatos bíblicos relacionados:

    • Éx 3:11; 4:10. Moisés sentíase incapaz de falarlle ó faraón e de sacar o pobo de Deus de Exipto.

    • Xer 1:4-6. Xeremías pensaba que era demasiado novo e inexperto para ser profeta de Xehová entre xente que non quería obedecer.

  • Textos animadores:

    • Sl 29:11; Is 40:29; 2Co 3:4, 5; 4:7

  • Relatos bíblicos animadores:

    • Éx 3:12; 4:11, 12. Xehová tranquilizou a Moisés explicándolle con paciencia que lle axudaría a facer o traballo que lle mandara.

    • Xer 1:7-10. Xehová tranquilizou ó profeta Xeremías asegurándolle que lle axudaría a cumprir a difícil comisión que lle encargara.

Sufrimento emocional debido ó maltrato

Ver “Maltrato”.