Ir ó contido

Ir ó índice

Consello

Consello

Cando recibimos consello

Por que deberiamos buscar consellos baseados na Biblia?

Sl 32:8; Pr 15:22; 19:20; 20:18

Ver tamén Pr 11:14; Is 28:29; Xer 32:19.

Por que é mellor escoitar un consello que xustificarse?

Pr 12:15; 29:1

Ver tamén Pr 1:23-31; 15:31.

  • Relatos bíblicos relacionados:

    • 1Sa 15:3, 9-23. Cando o profeta Samuel corrixiu a Xaúl, este xustificouse e non aceptou o consello, así que Xehová o rechazou como rei.

    • 2Cr 25:14-16, 27. O rei Amasías pecou e rechazou o consello do profeta de Xehová, polo que perdeu o favor e a protección de Deus.

Por que debemos respectar os superintendentes que nos dan consello?

1Te 5:12; 1Ti 5:17; Heb 13:7, 17

  • Relato bíblico relacionado:

    • 3Xn 9, 10. Sendo xa maior, o apóstolo Xoán condenou a Diótrefes por tratar con falta de respecto ós que dirixían a congregación cristiá.

Por que deberiamos escoitar ós maiores?

Lev 19:32; Pr 16:31

Ver tamén Xob 12:12; 32:7; Tit 2:3-5.

  • Relatos bíblicos relacionados:

    • 1Sa 23:16-18. David escoitou o consello de Ionatán, que tiña uns 30 anos máis ca el, e iso fortaleceuno moito.

    • 1Re 12:1-17. O rei Roboam rechazou o consello equilibrado dos maiores e escoitou o consello dos novos, que lle recomendaran ser máis duro. Iso tivo consecuencias desastrosas.

Que demostra que as mulleres e os rapaces que serven fielmente a Xehová poden dar bos consellos?

Xob 32:6, 9, 10; Pr 31:1, 10, 26; Ecl 4:13

Ver tamén Sl 119:100.

  • Relatos bíblicos relacionados:

    • 1Sa 25:14-35. Abigail deulle ó rei David un consello que salvou moitas vidas e evitou que matase moitas persoas inocentes.

    • 2Sa 20:15-22. O consello dunha muller sabia salvou toda a cidade de Abel Bet Macah.

    • 2Re 5:1-14. Unha nena israelita aconsellou a un poderoso guerreiro como podía curar da lepra.

Por que non deberiamos escoitar consellos de persoas que non respectan a Xehová nin a súa Palabra?

Sl 1:1; Pr 4:14

Ver tamén Lc 6:39.

  • Relatos bíblicos relacionados:

    • 1Cr 10:13, 14. O rei Xaúl consultou unha médium espiritista en vez de a Xehová e morreu pola súa falta de fe.

    • 2Cr 22:2-5, 9. O rei Ocozías morreu por escoller malos conselleiros.

    • Xob 21:7, 14-16. Xob rechazou a forma de pensar das persoas que non respectan a Xehová.

Cando damos consello

Por que é mellor coñecer tódolos feitos e escoitar a tódalas persoas implicadas antes de dar consello?

Pr 18:13, 17

Ver tamén Pr 25:8.

  • Relatos bíblicos relacionados:

    • 1Sa 1:9-16. O sumo sacerdote Elí deulle un consello a Ana antes de coñecer a súa situación pensando que estaba borracha.

    • Mt 16:21-23. Como o apóstolo Pedro non coñecía tódolos feitos, aconselloulle a Xesús que fixese algo que quería Satanás, non Xehová.

Por que deberiamos pedirlle guía a Xehová antes de dar un consello?

Sl 32:8; 73:23, 24; Pr 3:5, 6

  • Relatos bíblicos relacionados:

    • Éx 3:13-18. Moisés preguntoulle a Xehová cal era a mellor forma de responder as preguntas dos israelitas.

    • 1Re 3:5-12. Sendo novo, o rei Salomón pediulle a Xehová sabedoría e non confiou en si mesmo. Como consecuencia, Xehová bendiciuno.

Por que debemos asegurarnos de que os nosos consellos sempre se baseen na Biblia?

Sl 119:24, 105; Pr 19:21; 2Ti 3:16, 17

Ver tamén Dt 17:18-20.

  • Relatos bíblicos relacionados:

    • Mt 4:1-11. Cando Satanás o tentou, Xesús baseou tódalas súas respostas na Palabra de Deus, non na súa propia sabedoría.

    • Xn 12:49, 50. Debemos imitar a Xesús, quen sempre ensinou o que Xehová lle ensinara a el.

Por que deberiamos esforzarnos por ser amables cando damos consello e, sempre que sexa posible, felicitar a persoa que estamos aconsellando?

Gál 6:1; Col 3:12

Ver tamén Is 9:6; 42:1-3; Mt 11:28, 29.

  • Relatos bíblicos relacionados:

    • 2Cr 19:2, 3. Xehová corrixiu o rei Ioxafat mediante un profeta, pero tamén o felicitou polas cosas boas que fixera.

    • Ap 2:1-4, 8, 9, 12-14, 18-20. Xesús felicitou varias congregacións antes de darlles consello.

Se un cristián se queixa de que outro irmán lle fixo algo malo, como por exemplo enganalo ou calumnialo, por que é mellor animalo a falar do asunto co irmán en privado?

Mt 18:15-17; Lc 17:3

Ver tamén Lev 19:17.

Como podemos animar a un irmán que sente que o tratan mal a ser compasivo, paciente e perdoador?

Mt 18:21, 22; Mr 11:25; Lc 6:36; Ef 4:32; Col 3:13

Ver tamén Mt 6:14; 1Co 6:1-8; 1Pe 3:8, 9.

  • Relato bíblico relacionado:

    • Mt 18:23-35. Xesús puxo un exemplo moi bo para explicar por que é tan importante perdoar.

Por que debemos defender as normas de Xehová cando damos consello?

Sl 141:5; Pr 17:10; 2Co 7:8-11

  • Relatos bíblicos relacionados:

    • 1Sa 15:23-29. O profeta Samuel non se deixou intimidar polo rei Xaúl.

    • 1Re 22:19-28. O profeta Miqueas negouse a cambiar a súa mensaxe de advertencia contra o rei Acab, a pesar de que o ameazaran e o maltrataran.

Como podemos aconsellar a alguén sen causarlle dano en sentido espiritual?

Heb 12:11-13

  • Relatos bíblicos relacionados:

    • Lc 22:31-34. Xesús confiou en que o apóstolo Pedro podería fortalecer os demais, aínda que cometera erros graves.

    • Flm 21. O apóstolo Paulo expresou a súa confianza en que Filemón seguiría o consello que lle dera, que estaba de acordo coa vontade de Deus.

Como podemos ser amables cando lles damos consello ós que teñen problemas ou están desanimados?

Col 3:12; Snt 5:14-16; 1Pe 3:8

Como podemos demostrarlle a quen cometeu un erro que queremos axudarlle a recuperar a súa relación con Xehová?

Gál 6:1; Ef 4:32

Como podemos mostrarlles respecto ás persoas que aconsellamos, sexa cal sexa a súa idade ou xénero?

1Ti 5:1, 2

Por que son máis firmes os anciáns cos que unha e outra vez se negan a escoitar os consellos da Biblia?

1Co 5:9, 11, 13; 1Ti 5:20; Tit 3:10

Ver tamén “Expulsión”.