Ir ó contido

Ir ó índice

Decepción

Decepción

Decepción cando outras persoas nos abandonan, nos fan dano ou nos traizoan

Sl 55:12-14; Lc 22:21, 48

  • Relatos bíblicos relacionados:

    • 1Sa 8:1-6. Ó profeta Samuel doeulle cando os israelitas lle pediron un rei e sentiuse decepcionado.

    • 1Sa 20:30-34. Ionatán sentiuse doído e humillado cando o seu pai, o rei Xaúl, se enfadou con el.

  • Textos animadores:

    • Sl 27:10; Is 49:15; Rm 3:3, 4

    • Ver tamén Pr 19:11; Flp 4:8.

  • Relatos bíblicos animadores:

    • Sl 55:12-14, 16-18, 22. Cando o seu amigo Ahitófel o traizoou, o rei David confiou en Xehová e sentiuse aliviado.

    • 2Ti 4:16-18. Cando o apóstolo Paulo pasou por unha proba difícil, os demais abandonárono. Pero conseguiu as forzas necesarias para aguantar grazas a Xehová e a esperanza que el dá.

Decepción polas nosas propias debilidades ou pecados

Xob 14:4; Rm 3:23; 5:12

  • Relatos bíblicos relacionados:

    • Sl 51:1-5. O rei David estaba moi triste porque pecara contra Xehová.

    • Rm 7:19-24. O apóstolo Paulo sentíase moi mal porque tiña que loitar continuamente contra a súa tendencia ó pecado.

  • Textos animadores:

    • Sl 103:12; 130:3; Is 43:25; 1Xn 1:9

  • Relatos bíblicos animadores:

    • 1Re 9:2-5. Aínda que o rei David cometeu algúns pecados moi graves, Xehová dixo que fora un home íntegro.

    • 1Ti 1:12-16. Aínda que no pasado o apóstolo Paulo fixera cousas moi malas, confiaba en que se lle mostraría misericordia.