Ir ó contido

Ir ó índice

Ánimo

Ánimo

Por que é importante que os servos de Deus nos animemos uns ós outros?

Is 35:3, 4; Col 3:16; 1Te 5:11; Heb 3:13

  • Relatos bíblicos relacionados:

    • 2Cr 32:2-8. O rei Ezequías animou o seu pobo cando un exército poderoso se acercaba para atacalos.

    • Dn 10:2, 8-11, 18, 19. Un anxo animou e fortaleceu o profeta Daniel cando xa era maior e estaba moi cansado.

Por que espera Xehová que os anciáns animen ós irmáns?

Is 32:1, 2; 1Pe 5:1-3

Ver tamén Mt 11:28-30.

  • Relatos bíblicos relacionados:

    • Dt 3:28; 31:7, 8. Moisés animou e fortaleceu a Xosué, o seu sucesor, como Xehová lle mandara.

    • Fei 11:22-26; 14:22. Os apóstolos Paulo e Bernabé animaron os cristiáns de Antioquía en época de persecución.

Por que é importante felicitar os demais de forma sincera cando intentamos animalos?

Pr 31:28, 29; 1Co 11:2

  • Relatos bíblicos relacionados:

    • Xuí 11:37-40. As mulleres de Israel visitaban a filla de Iefté cada ano para felicitala por deixar a súa casa e servir no tabernáculo.

    • Ap 2:1-4. Aínda que Xesús tivo que corrixir os cristiáns de Éfeso, tamén lles dixo o que estaban facendo ben.

Como podemos animar os nosos irmáns e irmás?

Pr 15:23; Ef 4:29; Flp 1:13, 14; Col 4:6; 1Te 5:14

Ver tamén 2Co 7:13, 15, 16.

  • Relatos bíblicos relacionados:

    • 1Sa 23:16-18. Ionatán buscou o seu amigo David e animouno nun momento difícil da súa vida.

    • Xn 16:33. Xesús animou os seus seguidores co seu exemplo e aseguroulles que eles tamén poderían vencer o mundo se o imitaban.

    • Fei 28:14-16. Mentres o apóstolo Paulo ía de camiño a Roma para ser xulgado, os irmáns viaxaron para encontrarse con el e animalo. Iso fortaleceuno moito.

Por que é importante que evitemos o espírito de queixa e faltarlles ó respecto ós demais?

Flp 2:14-16; Xud 16-19

  • Relatos bíblicos relacionados:

    • Núm 11:10-15. Moisés estaba moi desanimado polo espírito negativo e desobediente do pobo.

    • Núm 13:31, 32; 14:2-6. A forma de falar negativa dos dez espías desanimou o pobo e levouno a rebelarse.

Por que nos anima pasar tempo cos nosos irmáns?

Pr 27:17; Rm 1:11, 12; Heb 10:24, 25; 12:12

  • Relatos bíblicos relacionados:

    • 2Cr 20:1-19. Cando un grande exército ía atacar Xudá, o rei Ioxafat reuniu o seu pobo para orar xuntos.

    • Fei 12:1-5, 12-17. Despois de que executasen o apóstolo Santiago e metesen no cárcere o apóstolo Pedro, os irmáns de Xerusalén xuntáronse para orar.

Como pode unha actitude positiva axudarnos a aguantar nos momentos difíciles?

Fei 5:40, 41; Rm 8:35-39; 1Co 4:11-13; 2Co 4:16-18; 1Pe 1:6, 7

  • Relatos bíblicos relacionados:

    • Xén 39:19-23; 40:1-8. Aínda que a Xosé o acusaron inxustamente e o meteron no cárcere por algo que non fixera, continuou fiel a Xehová e esforzouse moito por axudar os demais.

    • 2Re 6:15-17. O profeta Eliseo non tivo medo cando estivo rodeado dun grande exército e fixo unha oración para que o seu criado tamén estivese tranquilo.

A Palabra de Deus anímanos

Como promete axudarnos Xehová?

Sl 55:22; 94:14; Rm 8:38, 39; 1Co 10:13

Como pode animarnos pensar na paciencia e na misericordia de Xehová?

Neh 9:17; Sl 103:13, 14; 2Pe 3:9, 15

Que pode facer Xehová polos que se senten débiles?

Sl 46:1; Is 12:2; 40:29-31; Flp 4:13

  • Relatos bíblicos relacionados:

    • 1Sa 1:10, 11, 17, 18. Xehová escoitou a oración de Ana cando estaba moi triste e desanimada, e axudoulle a sentirse aliviada e en paz.

    • 1Re 19:1-19. Cando o profeta Elías estaba desanimado, Xehová axudouno de forma práctica. Tamén o animou e consolou dándolle unha esperanza para o futuro.

Como nos animan as promesas da Biblia?

2Cr 15:7; Sl 27:13, 14; Heb 6:17-19; 12:2

  • Relatos bíblicos relacionados:

    • Xob 14:1, 2, 7-9, 13-15. Xob obtivo consolo grazas á esperanza da resurrección, incluso nos peores momentos da súa vida.

    • Dn 12:13. Cando o profeta Daniel tiña uns 100 anos, un anxo animouno explicándolle a recompensa que ía recibir no futuro.

Como pode animarnos orarlle a Xehová e meditar en todo o que sabemos del?

Sl 18:6; 56:4, 11; Heb 13:6

  • Relatos bíblicos relacionados:

    • 1Sa 30:1-9. Cando David tivo un problema, oroulle a Xehová e obtivo as forzas que necesitaba.

    • Lc 22:39-43. Cando Xesús se enfrontou á peor proba da súa vida, rogoulle a Xehová que o axudase e el respondeulle enviando un anxo para fortalecelo.

Como nos anima escoitar as boas noticias, e por que é bo compartilas cos demais?

Pr 15:30; 25:25; Is 52:7

  • Relatos bíblicos relacionados:

    • Fei 15:2-4. Os apóstolos Paulo e Bernabé fortalecían moito os irmáns das congregacións que visitaban.

    • 3Xn 1-4. Cando era maior, ó apóstolo Xoán púxose moi contento ó saber que os irmáns ós que lles ensinara as boas noticias seguían fieis.