Ir ó contido

Ir ó índice

Perdón

Perdón

De verdade quere Xehová perdoarnos?

Sl 86:5; Dn 9:9; Miq 7:18

Ver tamén 2Pe 3:9.

  • Relatos bíblicos relacionados:

    • Sl 78:40, 41; 106:36-46. Xehová perdoou o seu pobo unha e outra vez, aínda que lle facían moito dano cos seus pecados.

    • Lc 15:11-32. Xesús falou dun pai misericordioso que perdoou o seu fillo arrepentido aínda que fixera cousas moi malas. Usou esta comparación para explicar que Xehová tamén quere perdoar os seus servos que se arrepinten.

Sobre que base perdoa Xehová os nosos pecados?

Xn 1:29; Ef 1:7; 1Xn 2:1, 2

  • Relatos bíblicos relacionados:

    • Heb 9:22-28. O apóstolo Paulo explicou que o sangue de Cristo é a única provisión para perdoar os pecados.

    • Ap 7:9, 10, 14, 15. O apóstolo Xoán viu nunha visión unha “gran multitude” de persoas que estaban limpas ante Deus grazas a que tiñan fe no sacrificio de Xesús.

Se queremos que Xehová nos perdoe, que temos que facer cando outros pecan contra nós?

Mt 6:14, 15; Mr 11:25; Lc 17:3, 4; Snt 2:13

  • Relatos bíblicos relacionados:

    • Xob 42:7-10. Antes de curar a Xob e bendicilo, Xehová pediulle que orase a favor dos tres compañeiros que falaran en contra del.

    • Mt 18:21-35. Xesús puxo un exemplo para destacar a importancia de perdoar a outros se queremos que Xehová nos perdoe a nós.

Canta importancia ten confesar os nosos pecados e arrepentirnos de corazón?

Fei 3:19; 26:20; 1Xn 1:8-10

  • Relatos bíblicos relacionados:

    • Sl 32:1-5; 51:1, 2, 16, 17. O rei David sentiuse desfeito e arrepentiuse sinceramente polos pecados que cometera.

    • Snt 5:14-16. Santiago explicou que deberiamos pedirlles axuda ós anciáns se cometemos un pecado grave.

Que cambios deberiamos facer se queremos que Xehová nos perdoe?

Pr 28:13; Is 55:7; Ef 4:28

  • Relatos bíblicos relacionados:

    • 1Re 21:27-29; 2Cr 18:18-22, 33, 34; 19:1, 2. Cando o rei Acab foi xulgado, humillouse e Xehová mostroulle certo grao de misericordia. Pero como non demostrou estar arrepentido de verdade, Xehová non o perdoou.

    • 2Cr 33:1-16. Aínda que o rei Menaxés foi moi malo, Xehová perdoouno cando se arrepentiu porque fixo grandes cambios na súa vida, loitou contra a idolatría e promoveu a adoración pura.

Ata que punto nos perdoa Xehová se de verdade estamos arrepentidos?

Sl 103:10-14; Is 1:18; 38:17; Xer 31:34; Miq 7:19

  • Relato bíblico relacionado:

    • 2Sa 12:13; 24:1; 1Re 9:4, 5. Aínda que David cometeu pecados moi graves, Xehová perdoouno cando se arrepentiu. Tempo despois dixo del que era un home íntegro.

Como demostrou Xesús que está disposto a perdoar igual que o fai Xehová?

Sl 86:5; Lc 23:33, 34

  • Relatos bíblicos relacionados:

    • Mt 26:36, 40, 41. Os discípulos de Xesús quedaron durmidos cando el máis necesitaba do seu ánimo. Pero Xesús entendeu as súas limitacións.

    • Mt 26:69-75; Lc 24:33, 34; Fei 2:37-41. Pedro negou coñecer a Xesús tres veces, pero el perdoouno porque estaba arrepentido. Despois de resucitar, Xesús aparecéuselle persoalmente. E máis tarde deulle privilexios moi especiais na congregación.

Como sabemos que o perdón de Xehová ten un límite?

Mt 12:31; Heb 10:26, 27; 1Xn 5:16, 17

  • Relatos bíblicos relacionados:

    • Mt 23:29-33. Xesús advertiu os escribas e os fariseos de que, se non se arrepentían, enfrontaríanse ó xuízo da Guehena, é dicir, á destrución permanente.

    • Xn 17:12; Mr 14:21. Xesús chamou a Xudas Iscariote “o fillo da destrución” e dixo que para ese traidor sería mellor non nacer.

Que pode axudarnos a perdoar?

Lc 17:3, 4; 1Co 13:4, 5; Ef 4:32; 5:1; Col 3:13