Ir ó contido

Ir ó índice

Loito

Loito

Que exemplos da Biblia mostran que é normal sentir pena cando morre un ser querido?

Xén 23:2; 24:67; 37:34, 35; 42:36; Xn 11:19, 31, 33-36

Ver tamén 2Sa 1:17-27; Fei 9:36-39.

Que demostra que Xehová está desexando consolar os que están de loito?

Sl 34:18; Is 57:15; 61:1, 2

Como nos consola coñecer o estado no que se atopan os mortos?

Ecl 9:5, 10; 1Te 4:13

  • Relatos bíblicos relacionados:

    • Lc 20:37, 38. Xesús explicou que a resurrección dos mortos é algo tan seguro que para Xehová é coma se estivesen vivos.

    • Xn 11:5, 6, 11-14. Despois de que o seu querido amigo Lázaro morrese, Xesús comparou a morte a un sono.

    • Heb 2:14, 15. O apóstolo Paulo explicou que non debemos ser escravos do medo á morte.

En que sentido pode ser unha persoa máis valiosa para Xehová cando morre que cando nace?

Pr 22:1; Ecl 7:1, 2

Como describe a Biblia a morte, e que fará Deus con ela?

Is 25:8; 1Co 15:26; Ap 20:14; 21:3, 4

Por que podemos estar seguros de que haberá resurrección no futuro?

Is 26:19; Xn 5:28, 29; Fei 24:15

  • Relatos bíblicos relacionados:

    • A Biblia fala de nove resurreccións. Oito delas foron de persoas que resucitaron para vivir na Terra. Todos estes relatos ofrecen consolo e esperanza ás persoas que están de loito pola morte dun ser querido.

      • 1Re 17:17-24. O profeta Elías resucitou o fillo dunha viúva en Sarepta, unha vila de Sidón.

      • 2Re 4:32-37. O profeta Eliseo resucitou un neno na cidade de Xunem e entregóullelo ós seus pais.

      • 2Re 13:20, 21. Un home que morrera hai pouco resucitou cando o seu corpo tocou os ósos do profeta Eliseo.

      • Lc 7:11-15. Xesús interrompeu un funeral na cidade de Naín para resucitar o fillo dunha viúva.

      • Lc 8:41, 42, 49-56. Xesús resucitou a filla de Xairo, o presidente da sinagoga.

      • Xn 11:38-44. Xesús resucitou o seu querido amigo Lázaro, que volveu coas súas irmás Marta e María.

      • Fei 9:36-42. O apóstolo Pedro resucitou a Dorcas, unha muller cristiá coñecida por ser moi amable e xenerosa.

      • Fei 20:7-12. O apóstolo Paulo resucitou a Eutico, un rapaz novo que caera dende unha ventá.

    • Xesucristo resucitou para vivir como espírito inmortal no ceo, o que fai posible que tódalas promesas de Deus para o futuro se cumpran.

    • Xesús foi o primeiro en ser resucitado no ceo e recibir a inmortalidade, pero non foi o último. Os 144.000 unxidos reciben unha resurrección parecida.

      • 1Co 15:20, 23, 51-53; 1Te 4:16, 17; Ap 14:1

Como podemos axudar ós que están de loito pola perda dun ser querido?

Rm 12:15; 2Co 1:3, 4; 1Pe 3:8