Ir ó contido

Ir ó índice

Corazón

Corazón

Como sabemos que a Biblia usa o termo corazón para referirse á persoa interior, é dicir, os seus pensamentos, intencións, personalidade e emocións?

Sl 49:3; Pr 16:9; Lc 5:22; Fei 2:26

Ver tamén Dt 15:7; Sl 19:8.

  • Relato bíblico relacionado:

    • Lc 9:46-48. Xesús corrixiu os seus apóstolos pola ambición que viu nos seus corazóns.

Por que é tan importante protexer o noso corazón?

1Cr 28:9; Pr 4:23; Xer 17:9

  • Relatos bíblicos relacionados:

    • Xén 6:5-7. Deus trouxo o Diluvio porque viu a violencia e a maldade que había no corazón dos homes.

    • 1Re 11:1-10. O rei Salomón non protexeu o seu corazón e casou con mulleres estranxeiras que o apartaron de Xehová.

    • Mr 7:18-23. Xesús explicou que os malos desexos nacen no corazón e poden levarnos a facer cousas que Deus odia.

Como podemos protexer o noso corazón?

Sl 19:14; Pr 3:3-6; Lc 21:34; Flp 4:8

Ver tamén Esd 7:8-10; Sl 119:11.

  • Relato bíblico relacionado:

    • Ef 6:14-18; 1Te 5:8. Cando describiu a armadura espiritual, o apóstolo Paulo explicou que a xustiza, a fe e o amor poden protexer o corazón figurado igual que unha coiraza protexe o corazón literal.

Como podemos saber se hai algún problema no noso corazón figurado?

Pr 21:2-4; Heb 3:12

Ver tamén Pr 6:12-14.

  • Relatos bíblicos relacionados:

    • 2Cr 25:1, 2, 17-27. O rei Amasías fixo o que era recto ós ollos de Xehová durante un tempo, pero non o fixo cun corazón completo. Co tempo, volveuse orgulloso, desobedeceu a Xehová e sufriu as consecuencias.

    • Mt 7:17-20. Xesús explicou que unha árbore mala produce froitos malos e unha mala condición de corazón produce malas accións.

Por que deberiamos esforzarnos por ter bo corazón, e como podemos facelo?

Pr 10:8; 15:28; Lc 6:45

Ver tamén Sl 119:97, 104; Rm 12:9-16; 1Ti 1:5.

  • Relatos bíblicos relacionados:

    • 2Re 20:1-6. O rei Ezequías foi fiel e serviu a Xehová cun corazón completo. Por iso cando estaba a punto de morrer, suplicoulle a Xehová que o axudase.

    • Mt 21:28-32. Xesús puxo un exemplo para demostrar que a condición do corazón dunha persoa percíbese polo que fai, e non polo que di que vai facer.

Por que é tranquilizador saber que Xehová ve o que hai no noso corazón?

1Cr 28:9; Xer 17:10

Ver tamén 1Sa 2:3.

  • Relatos bíblicos relacionados:

    • 1Sa 16:1-13. O profeta Samuel aprendeu que Xehová non se fixa nas aparencias, senón no corazón da persoa.

    • 2Cr 6:28-31. A oración do rei Salomón na dedicación do templo demostra que Xehová ve o noso corazón, enténdenos e trátanos con bondade.