Ir ó contido

Ir ó índice

Humildade

Humildade

Que pensa Xehová das persoas humildes? E das orgullosas?

Sl 138:6; Pr 15:25; 16:18, 19; 22:4; 1Pe 5:5

Ver tamén Pr 29:23; Is 2:11, 12.

  • Relatos bíblicos relacionados:

    • 2Cr 26:3-5, 16-21. O rei Ozías fíxose orgulloso, desobedeceu a Lei de Deus e enfadouse moito cando o aconsellaron. Como consecuencia, Deus castigouno con lepra.

    • Lc 18:9-14. Xesús puxo un exemplo para explicar como se sente Xehová cando lle ora unha persoa humilde e cando o fai unha orgullosa.

Como reacciona Xehová cando unha persoa humilde se arrepinte de corazón?

2Cr 7:13, 14; Sl 51:2-4, 17

  • Relatos bíblicos relacionados:

    • 2Cr 12:5-7. O rei Roboam e os príncipes de Xudá foron humildes e aceptaron a decisión de Xehová. Grazas a iso finalmente decidiu rescatalos.

    • 2Cr 32:24-26. Ezequías foi un bo rei pero nun momento da súa vida demostrou orgullo. Aínda así, Xehová perdoouno porque se humillou diante del.

Como nos axuda a ter mellores relacións cos demais ser humildes?

Ef 4:1, 2; Flp 2:3; Col 3:12, 13

  • Relatos bíblicos relacionados:

    • Xén 33:3, 4. Xacob demostrou moita humildade pola forma na que saudou o seu irmán Esaú, quen estaba moi enfadado con el. Grazas a iso houbo paz entre eles.

    • Xuí 8:1-3. O xuíz Guideón demostrou humildade cando lles dixo ós homes de Efraím que eran superiores a el. Desta forma tranquilizounos e evitou un conflito.

Como ensinou Xesús o valor da humildade?

Mt 18:1-5; 23:11, 12; Mr 10:41-45

  • Relatos bíblicos relacionados:

    • Is 53:7; Flp 2:7, 8. Como se profetizara, Xesús aceptou humildemente vir á Terra, e incluso morrer de forma humillante e dolorosa.

    • Lc 14:7-11. Xesús contou unha historia sobre escoller os mellores asentos nunha festa para demostrar o valor práctico da humildade.

    • Xn 13:3-17. Xesús ensinoulles ós seus seguidores a ser humildes lavándolles os pés ós seus apóstolos, algo que normalmente facían os criados.

Como nos axudará a ser humildes vernos a nós mesmos e ós demais como o fai Xehová?

Rm 12:3, 16; 1Co 4:7; Flp 2:3, 4

Por que a humildade finxida non serve para nada?

Mt 6:16-18; Col 2:18, 23