Ir ó contido

Ir ó índice

Misericordia

Misericordia

Que inclúe a misericordia?

  • Relatos bíblicos relacionados:

    • Sl 51:1, 2. Cando o rei David lle suplicou misericordia a Xehová, estáballe pedindo que o perdoase e limpase os seus pecados.

    • Lc 10:29-37. Xesús ensinou unha lección de misericordia ó falar dun samaritano que fora amable e lle demostrara consideración a un xudeu.

Por que necesitamos tódolos humanos que se nos mostre misericordia?

Sl 130:3; Ecl 7:20; 1Xn 1:8

Ver tamén 1Re 8:46-50.

Por que sabemos que Xehová é misericordioso?

Éx 34:6; Neh 9:17; Sl 103:8; 2Co 1:3

  • Relatos bíblicos relacionados:

    • Xob 42:1, 2, 6-10; Snt 5:11. Xehová mostroulle misericordia a Xob e ensinoulle a ser el tamén misericordioso.

    • Lc 15:11-32. Xesús explicou a misericordia de Xehová describindo a forma na que un pai tratou a un fillo rebelde que se arrepentira.

Por que é Xehová misericordioso con nós?

Rm 5:8; 1Xn 4:9, 10

Ver tamén Tit 3:4, 5.

Como se relaciona o sacrificio de Cristo co perdón dos nosos pecados?

Por que deberiamos pedir que se nos mostre misericordia e nunca dala por sentada?

Lc 11:2-4; Heb 4:16

  • Relatos bíblicos relacionados:

    • Sl 51:1-4. O rei David estaba afundido polo peso da culpa e pediulle a Xehová con humildade que o perdoase.

    • Lc 18:9-14. Xesús puxo un exemplo para explicar que Xehová lle mostra misericordia a quen recoñece humildemente os seus erros.

Por que poden recibir misericordia incluso as persoas que cometeron pecados graves?

Dt 4:29-31; Is 55:7

  • Relatos bíblicos relacionados:

    • 2Cr 33:9-13, 15. Aínda que foi un rei extremadamente malo, Menaxés arrepentiuse e pediulle a Xehová que lle mostrase misericordia. Deus perdoouno e devolveulle o seu reino. Polas cousas que fixo despois, Menaxés demostrou que realmente cambiara.

    • Xon 3:4-10. Os habitantes de Nínive eran xente moi violenta e mataran a moitas persoas. Pero cando se arrepentiron Xehová mostroulles misericordia.

Por que é importante que o pecador lle confese o seu pecado a Xehová e cambie para recibir a súa misericordia?

Sl 32:5; Pr 28:13; 1Xn 1:9

A misericordia de Xehová non nos libra do castigo nin das consecuencias dos nosos pecados

Éx 34:6, 7; 2Sa 12:9-13

Por que deberiamos mostrar misericordia?

Que lle podería pasar á nosa relación con Xehová se nós non lles mostramos misericordia a outros?

Mt 9:13; 23:23; Snt 2:13

Ver tamén Pr 21:13.

  • Relatos bíblicos relacionados:

    • Mt 18:23-35. Xesús pon un exemplo para explicar que se nós non somos misericordiosos cos demais, Xehová tampouco o será con nós.

    • Lc 10:29-37. Unha historia moi coñecida demostra que Xehová e Xesús non aproban as persoas que non mostran misericordia, pero están moi contentos coas que actúan igual que o bo samaritano.

Como trata Xehová as persoas misericordiosas?