Ir ó contido

Ir ó índice

Maltrato

Maltrato

Como poderiamos sentirnos se outros nos tratan mal?

Sl 69:20; Pr 18:14; Ecl 4:1-3; Mal 2:13-16; Col 3:21

  • Relatos bíblicos relacionados:

    • 2Sa 10:1-5. David tivo consideración especial con algúns soldados que foran cruelmente humillados polos seus inimigos.

    • 2Sa 13:6-19. Tamar berrou e rachou a súa túnica despois de que Amnón a violase e a humillase.

Por que sabemos que Xehová está ó tanto cando alguén sofre maltrato? Que fará ó respecto?

Xob 34:21, 22; Sl 37:8, 9; Is 29:15, 19-21; Rm 12:17-21

Ver tamén Sl 63:6, 7.

  • Relatos bíblicos relacionados:

    • 1Sa 25:3, 14-17, 21, 32-38. Nabal, que era un home duro e cruel, insultou a David e puxo en risco a vida de tódolos homes da súa casa. Xehová castigouno por iso e morreu.

    • Xer 20:1-6, 9, 11-13. Xeremías desanimouse cando un sacerdote chamado Paxhur o golpeou e o puxo nun cepo. Pero Xehová animou e rescatou o seu profeta.