Ir ó contido

Ir ó índice

Obediencia

Obediencia

Canta importancia ten a obediencia?

Éx 19:5; Dt 10:12, 13; Ecl 12:13; Snt 1:22

  • Relatos bíblicos relacionados:

    • 1Sa 15:17-23. O profeta Samuel reprendeu o rei Xaúl por desobedecer a Xehová e explicou a importancia de ser obedientes.

    • Heb 5:7-10. Aínda que Xesús sempre foi obediente a seu Pai, na Terra tamén aprendeu a ser obediente cando outros o trataban mal.

Que debería facer un cristián se as autoridades humanas lle piden que desobedeza a Deus?

Fei 5:29

  • Relatos bíblicos relacionados:

    • Dn 3:13-18. Aínda que a súa vida estaba en xogo, os tres hebreos mantivéronse leais e negáronse a adorar a estatua que construíra o rei Nabucodonosor.

    • Mt 22:15-22. Xesús explicou que os seus seguidores obedecían os gobernos, excepto cando estes lles pedían algo que implicase desobedecer a Deus.

    • Fei 4:18-31. Os apóstolos seguiron predicando con valor aínda que as autoridades lles mandaran parar.

Que temos que facer para seguir obedecendo sempre a Xehová?

Dt 6:1-5; Sl 112:1; 1Xn 5:2, 3

Ver tamén Sl 119:11, 112; Rm 6:17.

  • Relatos bíblicos relacionados:

    • Esd 7:7-10. Esdras preparou o seu corazón para poder ser un bo exemplo en obedecer a Lei de Deus e ensinárllela a outros.

    • Xn 14:31. Xesús explicou por que facía todo xusto como llo mandara seu Pai.

Que debería motivarnos a obedecer a Xehová e a Xesús?

Xn 14:21; 1Xn 2:5; 2Xn 6

Por que demostra a nosa obediencia que temos fe?

Rm 1:5; 10:16, 17; Snt 2:20-23

Ver tamén Dt 9:23.

  • Relatos bíblicos relacionados:

    • Xén 6:9-22; Heb 11:7. Noé demostrou a súa fe construíndo unha arca e facéndoa xusto como llo dixera Xehová.

    • Heb 11:8, 9, 17. Abrahán demostrou a súa fe obedecendo a Xehová, non só cando marchou de Ur, senón tamén cando estivo disposto a ofrecer o seu propio fillo.

Que lles promete Xehová ós que o obedecen?

Xer 7:23; Mt 7:21; 1Xn 3:22

  • Relatos bíblicos relacionados:

    • Lev 26:3-6. Xehová prometeu que bendiciría e coidaría dos que o obedecen.

    • Núm 13:30, 31; 14:22-24. Caleb foi obediente e Xehová bendiciuno por iso.

Que nos pasará se somos desobedientes?

Rm 5:19; 2Te 1:8, 9

  • Relatos bíblicos relacionados:

    • Xén 2:16, 17; 3:17-19. Por desobedecer a Xehová, Adán e Eva perderon a perfección e a posibilidade de vivir para sempre no Paraíso.

    • Dt 18:18, 19; Fei 3:12, 18, 22, 23. Xehová profetizou que viría un profeta maior que Moisés e que castigaría os que non o obedecesen.

    • Xud 6, 7. Os anxos rebeldes e os habitantes de Sodoma e Gomorra enfadaron moito a Xehová pola súa desobediencia.

Por que deberiamos obedecer a Xesucristo?

Xén 49:10; Mt 28:18

  • Relato bíblico relacionado:

    • Xn 12:46-48; 14:24. Xesús explicou que se xulgaría a quen non obedecese as súas palabras.

Por que obedecen os cristiáns ós superintendentes da congregación?

Heb 13:17

Por que debería unha muller cristiá estar en suxeición a seu home?

1Co 11:3; Ef 5:22, 24; Col 3:18; Tit 2:4, 5; 1Pe 3:1-6

Por que obedecen os fillos a seus pais?

Pr 23:22; Ef 6:1; Col 3:20

  • Relatos bíblicos relacionados:

    • Xén 37:3, 4, 8, 11-13, 18. Cando Xosé era novo, obedeceu a seu pai e viaxou para ver os seus irmáns, aínda que eles o odiaban.

    • Lc 2:51. Xesús foi obediente a Xosé e a María aínda que el era perfecto e os seus pais humanos non.

Por que é sabio obedecer o noso xefe incluso cando ninguén nos ve?

Ef 6:5; Col 3:22; 1Pe 2:18

Por que obedecen os cristiáns ós gobernos?

Rm 13:1-6; Tit 3:1; 1Pe 2:13, 14