Ir ó contido

Ir ó índice

Maiores

Maiores

Que pasa cando nos facemos maiores?

Sl 71:9; 90:10

Ver tamén “Consolo: Limitacións debido a enfermidades ou a idade avanzada”.

  • Relato bíblico relacionado:

    • Ecl 12:1-8. De forma poética o rei Salomón describiu algunhas das doenzas que veñen coa idade. Comparou a perda de visión con “señoras que miran polas ventás” e ven escuridade, e a perda de oído coas “fillas do canto” que se debilitan.

Poden os maiores manter a alegría a pesar dos problemas e as limitacións que aparecen coa idade?

2Co 4:16-18; Snt 1:2-4

  • Relatos bíblicos relacionados:

    • 1Sa 12:2, 23. O vello profeta Samuel sabía o importante que era seguir orando a favor do pobo de Xehová.

    • 2Sa 19:31-39. O rei David estáballe moi agradecido a Barzilai pola súa lealdade e ofreceulle un posto en Xerusalén, pero este rechazouno porque recoñecía con modestia as súas limitacións.

    • Sl 71:9, 18. Cando era maior, o rei David tiña medo de non seguir sendo útil para Xehová. Por iso pediulle que non o abandonase e que lle dese forzas para falar del ós da seguinte xeración.

    • Lc 2:36-38. Xehová bendiciu a profetisa Ana, que era unha viúva moi maior, pola súa devoción e polo seu servizo fiel.

Como demostra Xehová que os maiores son moi valiosos para el?

Sl 92:12-14; Pr 16:31; 20:29; Is 46:4; Tit 2:2-5

  • Relatos bíblicos relacionados:

    • Xén 12:1-4. Cando Abrahán tiña 75 anos, Xehová encargoulle unha tarefa que lle cambiaría a vida.

    • Dn 10:11, 19; 12:13. Cando o profeta Daniel tiña máis de 90 anos, un anxo foi onda el para asegurarlle que era moi valioso para Xehová e que o recompensaría pola súa lealdade.

    • Lc 1:5-13. Xehová bendiciu a Zacarías e a Elísabet cando xa eran moi maiores co milagroso nacemento do seu fillo Xoán.

    • Lc 2:25-35. Xehová prometéralle ó vello Simeón que tería o privilexio de ver o neno que chegaría a ser o Mesías, e inspirouno para que pronunciase unha profecía sobre el.

    • Fei 7:23, 30-36. Moisés tiña 80 anos cando Xehová o nomeou líder da nación de Israel.

Como deberiamos tratar os irmáns maiores?

Lev 19:32; 1Ti 5:1

  • Relatos bíblicos relacionados:

    • Xén 45:9-11; 47:12. Xosé mandou buscar o seu pai Xacob, que xa era moi maior, e coidouno ata a súa morte.

    • Rut 1:14-17; 2:2, 17, 18, 23. Rut coidou e animou a Noemí cando era maior.

    • Xn 19:26, 27. Mentres estaba colgado no madeiro de tortura, Xesús pediulle ó apóstolo Xoán que coidase da súa nai.

De que formas prácticas podemos os cristiáns axudar os irmáns maiores da congregación?

1Ti 5:3-5, 8-10, 16; Snt 2:14-17