Ir ó contido

Ir ó índice

Pais e nais

Pais e nais

Cales son algúns motivos polos que Xehová creou o matrimonio?

Xén 1:27, 28; 2:18, 20-24

Como deberían ver os pais ós fillos?

Sl 127:3-5; 128:3

Ver tamén “Nenos; rapaces”.

  • Relatos bíblicos relacionados:

    • Xén 33:4, 5. Xacob consideraba que os seus fillos eran unha bendición de Xehová.

    • Éx 1:15, 16, 22; 2:1-4; 6:20. Amram e Ioquébed, os pais de Moisés, arriscaron a súa vida por protexelo.

Que deber teñen os pais para cos seus fillos?

Dt 6:6, 7; 11:18, 19; Pr 22:6; 2Co 12:14; 1Ti 5:8

  • Relatos bíblicos relacionados:

    • 1Sa 1:1-4. Elcanah levou a súa familia ás festas de Xiloh e asegurouse de que tódolos seus fillos participasen nelas.

    • Lc 2:39, 41. Xosé e María tiñan o costume de viaxar cos seus fillos de Nazaret a Xerusalén para a festa da Pascua.

Cales son os beneficios de educar os fillos para que obedezan a Xehová?

Pr 1:8, 9; 22:6

Ver tamén 2Ti 3:14, 15.

  • Relatos bíblicos relacionados:

    • 1Sa 2:18-21, 26; 3:19. Os pais de Samuel ofreceron o seu fillo para servir no tabernáculo, pero visitábano regularmente e coidaban das súas necesidades. Samuel converteuse nun home moi espiritual.

    • Lc 2:51, 52. Xesús obedeceu sempre os seus pais, aínda que eran imperfectos.

Onde poden os pais atopar guía para educar os seus fillos?

Dt 6:4-9; Ef 6:4; 2Ti 3:14-17

Ver tamén Sl 127:1; Pr 16:3.

  • Relatos bíblicos relacionados:

    • Xuí 13:2-8. Despois de que un anxo lle dixese á muller de Manóah que ía ter un fillo de forma milagrosa, el preguntoulle a Xehová como educar o neno.

    • Sl 78:3-8. Xehová quere que os pais lles ensinen ós seus fillos todo o que saben da Biblia.

Por que podería un fillo deixar de servir a Xehová aínda que crecese nunha familia que ama a Deus?

Ez 18:1-13, 20

  • Relatos bíblicos relacionados:

    • Xén 6:1-5; Xud 6. A pesar de vivir moitísimos anos no ceo con Xehová, moitos dos seus fillos espirituais escolleron rebelarse.

    • 1Sa 8:1-3. Aínda que Samuel foi un profeta fiel e xusto, os seus fillos foron corruptos e deshonestos.

Cando deberían os pais empezar a ensinarlles ós seus fillos o que Deus quere?

2Ti 3:15

  • Relatos bíblicos relacionados:

    • Dt 29:10-12, 29; 31:12; Esd 10:1. Cando os israelitas se reunían para aprender sobre Xehová, levaban os seus fillos para que eles tamén aprendesen del.

    • Lc 2:41-52. Xosé e María tiñan o costume de levar os seus fillos, incluído Xesús, á festa da Pascua no templo de Xerusalén.

Que exemplos deberían seguir os pais cando protexen os seus fillos de quen podería facerlles dano?

  • Relatos bíblicos relacionados:

    • Éx 19:4; Dt 32:11, 12. Xehová comparouse a si mesmo cunha aguia que leva, protexe e coida das súas crías.

    • Is 49:15. Xehová promete coidar e protexer os seus servos con máis compaixón aínda que a que mostra unha nai polo seu bebé.

    • Mt 2:1-16. Satanás intentou matar a Xesús cando era un bebé enviando uns astrólogos pagáns onda o malvado rei Herodes. Pero Xehová protexeu o seu Fillo dicíndolle a Xosé que se mudase a Exipto coa súa familia.

    • Mt 23:37. Xesús comparou o seu desexo de axudar o seu pobo coa forma na que unha galiña xunta e protexe os seus pitiños baixo as súas alas.

Por que deberían os pais ensinarlles ós seus fillos sobre sexo?

  • Relatos bíblicos relacionados:

    • Lev 15:2, 3, 16, 18, 19; Dt 31:10-13. A Lei mosaica falaba francamente de temas relacionados co sexo, e Xehová mandou que os nenos estivesen presentes cando se lía dela en voz alta.

    • Sl 139:13-16. O salmista David louvou a Xehová polo ben feito que estaba o seu corpo, incluído o seu sistema reprodutor.

    • Pr 2:10-15. O coñecemento e a sabedoría de Xehová poden protexernos das persoas falsas e pervertidas.

Por que deben os pais ser cariñosos cando disciplinan os seus fillos?

Pr 13:24; 29:17; Xer 30:11; Ef 6:4

Ver tamén Sl 25:8; 145:9; Col 3:21.

  • Relatos bíblicos relacionados:

    • Sl 32:1-5. Xehová castigou o rei David polo seu pecado, pero el sentiuse aliviado ó saber que Xehová perdoa ós que realmente se arrepinten.

    • Xon 4:1-11. O profeta Xonás faloulle a Xehová moi enfadado e de forma irrespectuosa. Aínda así, Xehová respondeulle con amabilidade e ensinoulle con paciencia unha lección sobre a súa misericordia.

Por que podemos ver a disciplina coma unha mostra de amor?

Pr 3:11, 12; 13:24

Ver tamén Pr 15:32; Ap 3:19.