Ir ó contido

Ir ó índice

Persecución

Persecución

Por que sabemos que os cristiáns seremos perseguidos?

Mt 10:22; Xn 15:19-21; 16:2, 3; 2Ti 3:12

Por que debemos acudir a Xehová cando nos perseguen?

Sl 55:22; 2Co 12:9, 10; 2Ti 4:16-18; Heb 13:6

  • Relatos bíblicos relacionados:

    • 1Re 19:1-18. Cando o perseguiron, o profeta Elías oroulle a Xehová e abriulle o seu corazón. Xehová deulle o valor e o consolo que necesitaba.

    • Fei 7:9-15. Aínda que os irmáns de Xosé o perseguiron, Xehová sempre estivo con el. Rescatouno e utilizouno para salvar a súa familia.

Cales son algunhas formas de persecución?

Abuso verbal, burlas e insultos

2Cr 36:16; Mt 5:11; Fei 19:9; 1Pe 4:4

  • Relatos bíblicos relacionados:

    • 2Re 18:17-35. O portavoz do rei de Asiria insultou a Xehová e burlouse da xente de Xerusalén.

    • Lc 22:63-65; 23:35-37. Os inimigos de Xesús insultárono e burláronse del cando estaba preso e tamén mentres estaba colgado no madeiro de tortura.

Oposición da familia

Arrestos e interrogatorios

Maltrato físico

Mt 27:29, 30; Xn 19:1; Fei 5:40; 16:22, 23; 2Co 11:23-25

Turbas

Execución

Como deberiamos reaccionar os cristiáns cando nos perseguen?

Mt 5:44; Fei 16:25; 1Co 4:12, 13; 1Pe 2:23

  • Relatos bíblicos relacionados:

    • Fei 7:57–8:1. Cando estaba a punto de morrer a mans dunha turba, o discípulo Esteban pediulle a Deus que perdoase os seus atacantes, entre os que estaba Saulo de Tarso.

    • Fei 16:22-34. Aínda que lle deron unha malleira e o prenderon no cepo, o apóstolo Paulo foi amable co garda da prisión. Grazas a iso, tanto aquel home como toda a súa casa fixéronse cristiáns.

Que lles pasou a algúns cristiáns do século primeiro?

Como deberiamos ver a persecución?

Fei 5:41; Flp 1:27-29; Heb 11:24-26

Por que a nosa esperanza pode darnos forzas cando sufrimos persecución?

Mt 10:28, 29; Heb 11:35-40

Ver tamén Flp 3:8, 10, 11; Ap 2:10.

Por que non permitimos que os nosos perseguidores nos fagan sentir vergonza, medo ou desánimo? E por que estamos decididos a seguir servindo sempre a Xehová?

Sl 56:1-4; Fei 4:18-20; 2Ti 1:8, 12

  • Relatos bíblicos relacionados:

    • 2Cr 32:1-22. Cando o rei Senaquerib chegou cun grande exército para atacar Xerusalén, o fiel rei Ezequías confiou en Xehová e animou o seu pobo. Xehová recompensouno por iso.

    • Heb 12:1-3. Os perseguidores de Xesús intentaron avergonzalo, pero el non permitiu que iso o desanimase.

Que cousas boas poderían pasar como consecuencia da persecución?

O noso aguante durante as probas agrádalle a Xehová e honra o seu nome

1Pe 2:19, 20; 4:12-16

  • Relatos bíblicos relacionados:

    • Xob 1:6-22; 2:1-10. Aínda que non sabía que era Satanás quen estaba detrás dos seus terribles sufrimentos, Xob mantívose leal a Xehová. Dese xeito glorificou a Deus e demostrou que Satanás é un mentireiro.

    • Dn 1:6, 7; 3:8-30. Hananías, Mixael e Azarías (Xadrac, Mixac e Abednegó) preferiron sufrir unha morte horrible antes que desobedecer a Deus. Como resultado, o rei Nabucodonosor acabou glorificando a Xehová en público.

A persecución pode facer que máis persoas queiran aprender sobre Xehová

Lc 21:12, 13; Fei 8:1, 4

  • Relatos bíblicos relacionados:

    • Fei 11:19-21. Os cristiáns dispersados por culpa da persecución seguiron predicando as boas noticias en tódolos lugares onde foron.

    • Flp 1:12, 13. O encarceramento do apóstolo Paulo fixo que máis persoas escoitasen as boas noticias. Iso alegrouno moito.

Ver que aguantamos cando nos perseguen pode fortalecer os nosos irmáns.

Flp 1:14; 2Te 1:4

Quen adoita estar detrás da persecución dos servos de Xehová?

Xer 26:11; Mr 3:6; Xn 11:47, 48, 53; Fei 25:1-3

  • Relatos bíblicos relacionados:

    • Fei 19:24-29. En Éfeso, os artesáns que facían reproducións do templo de Artemisa pensaron que a mensaxe dos cristiáns en contra da idolatría podería ser un perigo para o seu negocio e iniciaron unha persecución.

    • Gál 1:13, 14. Antes de facerse cristián, Paulo (Saulo) tiña devoción extrema polo xudaísmo e iso levouno a perseguir os cristiáns.

Quen é o responsable da persecución dos servos de Xehová?

1Pe 5:8; Ap 12:17