Ir ó contido

Ir ó índice

Oración

Oración

Como sabemos que Xehová escoita e responde as oracións?

Sl 65:2; 145:18; 1Xn 5:14

Ver tamén Sl 66:19; Fei 10:31; Heb 5:7.

  • Relatos bíblicos relacionados:

    • 1Re 18:36-38. Xehová respondeu rápido a oración que lle fixo Elías no monte Carmelo cando se enfrontou ós profetas de Baal.

    • Mt 7:7-11. Xesús animounos a ser insistentes nas nosas oracións e asegurounos que Xehová nos escoita, igual que fai un pai cariñoso.

Cal é a única persoa á que lle deberían orar os cristiáns?

Sl 5:1, 2; 69:13; Mt 6:9; Flp 4:6

No nome de quen oramos?

Xn 15:16; 16:23, 24

Que oracións escoita Xehová?

Fei 10:34, 35; 1Pe 3:12; 1Xn 3:22; 5:14

Que oracións non escoita Xehová?

Pr 15:29; 28:9; Is 1:15; Miq 3:4; Snt 4:3; 1Pe 3:7

  • Relatos bíblicos relacionados:

    • Xos 24:9, 10. Xehová non quixo escoitar a Balaam porque o que lle pedía ía en contra da súa vontade.

    • Is 1:15-17. Xehová negouse a escoitar as oracións dos xudeus porque se volveran hipócritas e tiñan as mans cheas de sangue.

Cal é a forma apropiada de concluír unha oración, e por que?

1Cr 16:36; Sl 41:13; 72:19; 89:52; 1Co 14:16

Di a Biblia que debamos orar nunha postura concreta?

1Re 8:54; Mr 11:25; Lc 22:39, 41; Xn 11:41

Ver tamén Xon 2:1.

Sobre que temas poden orar os servos de Xehová cando se xuntan para adoralo?

Fei 4:23, 24; 12:5

  • Relatos bíblicos relacionados:

    • 1Cr 29:10-19. O rei David fixo unha oración diante do pobo cando os israelitas fixeron doazóns voluntarias para construír o templo.

    • Fei 1:12-14. Os apóstolos, os irmáns de Xesús, a súa nai e outras mulleres fieis estaban orando xuntos no cuarto superior dunha casa en Xerusalén.

Por que cando oramos nunca deberiamos alardear nin tratar de impresionar os demais?

Por que debemos orar antes de tomar unha comida?

Mt 14:19; Fei 27:35; 1Co 10:25, 26, 30, 31

Por que non debemos descoidar nunca as nosas oracións a Xehová?

Rm 12:12; Ef 6:18; 1Te 5:17; 1Pe 4:7

  • Relatos bíblicos relacionados:

    • Dn 6:6-10. Daniel seguiu orándolle abertamente a Xehová, incluso cando iso podería custarlle a vida.

    • Lc 18:1-8. Xesús puxo o exemplo dun xuíz inxusto que acababa cedendo ante a insistencia dunha muller para explicar que Xehová, que é un Pai xusto, tamén responderá ás suplicas persistentes dos seus servos.

Que actitude deberiamos ter se queremos que Xehová nos escoite cando lle oramos para pedirlle perdón?

2Cr 7:13, 14

  • Relatos bíblicos relacionados:

    • 2Re 22:11-13, 18-20. O rei Ioxías humillouse e esforzouse por agradarlle a Xehová. Por iso Deus tratouno con misericordia e bondade.

    • 2Cr 33:10-13. O rei Menaxés humillouse e pediulle perdón a Xehová. Grazas a iso, Deus perdoouno e devolveulle o seu reino.

Que temos que facer se queremos que Xehová nos perdoe?

Por que é bo dicirlle a Xehová que queremos que se faga a súa vontade?

Por que deberían as nosas oracións reflectir a nosa fe e a confianza que temos no noso Pai celestial?

Mr 11:24; Heb 6:10; Snt 1:5-7

Sobre que asuntos podemos orar?

A santificación do nome de Deus

Que veña o Reino de Deus e que goberne sobre toda a terra

Que se cumpra a vontade de Xehová

As nosas necesidades materiais

O perdón dos nosos pecados

Dn 9:19; Lc 11:4

Axuda para aguantar as tentacións

Darlle as grazas a Xehová

Ef 5:20; Flp 4:6; 1Te 5:17, 18

Axuda para saber cal é a vontade de Deus ou para ter máis entendemento e sabedoría

Pr 2:3-6; Flp 1:9; Snt 1:5

Ver tamén Sl 119:34.

  • Relato bíblico relacionado:

    • 1Re 3:11, 12. A Xehová gustoulle que o rei Salomón lle pedise sabedoría, e deulle moita.

Pedir espírito santo

Pedir polos irmáns, incluídos os que están sufrindo persecución

Fei 12:5; Rm 15:30, 31; Snt 5:16

Ver tamén Col 4:12; 2Ti 1:3.

Expresións de louvanza

Sl 86:12; Is 25:1; Dn 2:23

  • Relatos bíblicos relacionados:

    • Lc 10:21. Xesús louvou publicamente a Xehová por revelarlles as verdades espirituais ás persoas humildes.

    • Ap 4:9-11. A familia celestial de Xehová dálle a gloria e a honra que merece.

Pedir que as autoridades nos deixen adorar a Xehová e predicar en paz

Mt 5:44; 1Ti 2:1, 2

Ver tamén Xer 29:7.

É apropiado que oremos no momento do noso bautismo?

Está ben orar por aqueles que están enfermos en sentido espiritual?

Snt 5:14, 15

Por que ás veces as mulleres oran coa cabeza cuberta pero os homes adoitan facelo con ela descuberta?

1Co 11:2-16

Que é aínda máis importante que a duración ou a intensidade das nosas oracións?

Lam 3:41; Mt 6:7

  • Relatos bíblicos relacionados:

    • 1Re 18:25-29, 36-39. En resposta ó desafío de Elías, os profetas de Baal berráronlle ó seu deus durante horas, pero non lles serviu de nada.

    • Fei 19:32-41. Os adoradores da deusa Artemisa berráronlle freneticamente durante dúas horas. O único que conseguiron foi que o administrador da cidade de Éfeso lles chamase a atención.