Ir ó contido

Ir ó índice

Predicación

Predicación

Por que falan os verdadeiros cristiáns das súas crenzas con outros?

Mt 28:19, 20; Rm 10:9, 10; Heb 13:15

Ver tamén Fei 1:8; 1Co 9:16.

Canta importancia tiña para Xesús a predicación das boas noticias?

Lc 8:1; Xn 18:37

  • Relatos bíblicos relacionados:

    • Lc 4:42-44. Xesús dixo que foi enviado á Terra para predicar.

    • Xn 4:31-34. Xesús explicou que para el a predicación das boas noticias era tan importante como alimentarse.

Son os homes con autoridade na congregación os únicos que teñen a responsabilidade de predicar?

Sl 68:11; 148:12, 13; Fei 2:17, 18

  • Relatos bíblicos relacionados:

    • 2Re 5:1-4, 13, 14, 17. Unha rapaza israelita faloulle á muller de Naamán sobre Eliseo, un profeta de Xehová.

    • Mt 21:15, 16. Cando os nenos louvaron a Xesús no templo, os sacerdotes principais e os escribas protestaron. Pero Xesús defendeu o que fixeron os nenos.

Que deben facer os superintendentes cristiáns para ensinarlles a outros a predicar as boas noticias?

1Te 1:5, 6; 2Ti 2:2; 1Pe 5:2, 3

Como poden axudarnos Xehová e Xesús na obra de predicar?

2Co 4:7; Flp 4:13; 2Ti 4:17

  • Relatos bíblicos relacionados:

    • Fei 16:12, 22-24; 1Te 2:1, 2. Aínda que o apóstolo Paulo e os seus compañeiros foron maltratados, puideron seguir predicando grazas á axuda de Deus.

    • 2Co 12:7-9. O apóstolo Paulo tiña unha “espiña na carne”, posiblemente unha doenza física. Aínda así puido seguir predicando grazas á forza que lle daba Xehová.

Que ou quen lle dá a un cristián autoridade para predicar?

1Co 1:26-28; 2Co 3:5; 4:13

  • Relatos bíblicos relacionados:

    • Xn 7:15. Os veciños de Xesús estaban asombrados porque tiña moito coñecemento e non estudara nas escolas rabínicas.

    • Fei 4:13. Aínda que algúns os consideraban xente común e sen estudos, os apóstolos de Xesús predicaban con valor e entusiasmo.

Por que sabemos que Xehová quere que preparemos a outros para predicar e ensinar?

Mr 1:17; Lc 8:1; Ef 4:11, 12

  • Relatos bíblicos relacionados:

    • Is 50:4, 5. Antes de vir á Terra, o Mesías recibiu capacitación de Xehová.

    • Mt 10:5-7. Cando estivo na Terra, Xesús preparou con paciencia os seus discípulos para que seguisen coa obra de predicar.

Como deberiamos ver a nosa responsabilidade de predicar as boas noticias?

Mt 11:29, 30; 1Ti 1:12

Que efecto ten nun cristián predicar as boas noticias?

Que mensaxe levamos cando imos predicar?

Mt 24:14; 28:19, 20; Fei 26:20; Ap 14:6, 7

Ver tamén Is 12:4, 5; 61:1, 2.

Por que destapamos os cristiáns as ensinanzas falsas das relixións?

2Co 10:4, 5

  • Relatos bíblicos relacionados:

    • Mr 12:18-27. Xesús usou as Escrituras para demostrarlles ós saduceos que estaban equivocados sobre a resurrección.

    • Fei 17:16, 17, 29, 30. O apóstolo Paulo razoou cos atenienses para demostrarlles que non está ben adorar ídolos.

De que xeito levamos a cabo a obra de predicar?

Que base temos para predicar en lugares públicos?

Xn 18:20; Fei 16:13; 17:17; 18:4

Ver tamén Pr 1:20, 21.

Por que temos que ser pacientes e persistentes cando imos predicar?

Is 6:9-11; 2Pe 3:9

Que bos resultados ten a obra de predicar?

Por que deberiamos estar preparados para predicar en calquera oportunidade?

1Co 9:23; 1Ti 2:4; 1Pe 3:15

  • Relatos bíblicos relacionados:

    • Xn 4:6, 7, 13, 14. Aínda que estaba cansado, Xesús faloulle das boas noticias a unha muller samaritana ó lado dun pozo.

    • Flp 1:12-14. Incluso cando estaba no cárcere, o apóstolo Paulo aproveitaba as oportunidades que tiña para predicar e animar a outros.

Deberiamos esperar que todo o mundo escoite a nosa mensaxe?

Xn 10:25, 26; 15:18-20; Fei 28:23-28

  • Relatos bíblicos relacionados:

    • Xer 7:23-26. A través de Xeremías, Xehová describiu como o seu pobo rechazara unha e outra vez os profetas.

    • Mt 13:10-16. Xesús explicou que, igual que nos días de Isaías, moitas persoas oirían a mensaxe pero non farían caso.

Por que non nos sorprende que moitas persoas estean demasiado ocupadas para escoitar a mensaxe?

Por que sabemos que haberá persoas que aceptarán a mensaxe con entusiasmo pero que despois dun tempo perderán o interese?

Mr 4:14-17; Xn 6:65, 66

Por que non debería sorprendernos que algunhas persoas se opoñan á nosa obra de predicar?

Fei 13:50; 18:5, 6; 1Pe 4:12-14

Que facemos se alguén trata de impedir que prediquemos?

Por que sabemos que haberá persoas que responderán ben ás boas noticias?

Que importante responsabilidade temos ante Deus os que coñecemos as boas noticias?

Fei 20:26, 27; 1Co 9:16, 17; 1Ti 4:16

Ver tamén Ez 33:8.

Por que debemos predicarlles a persoas de tódalas relixións, razas e nacionalidades?

Mt 24:14; Fei 10:34, 35; Ap 14:6

Ver tamén Sl 49:1, 2.

Pódese predicar calquera día da semana, incluído o sábado?

Que exemplo demostra que debemos predicarlles a tódalas persoas, incluso ás que xa teñen Biblia e practican unha relixión?

Fei 13:46; Gál 2:7, 8