Ir ó contido

Ir ó índice

Resolver diferenzas persoais

Resolver diferenzas persoais

Por que non deberiamos enfadarnos nin vingarnos cando alguén nos ofende?

Pr 20:22; 24:29; Rm 12:17, 18; Snt 1:19, 20; 1Pe 3:8, 9

  • Relatos bíblicos relacionados:

    • 1Sa 25:9-13, 23-35. Cando Nabal insultou a David e ós seus homes e se negou a axudalos, David reaccionou de forma impulsiva e decidiu matalo a el e a tódolos homes da súa casa. Pero o consello sabio de Abigail evitou que David se fixese culpable de derramar sangue.

    • Pr 24:17-20. O rei Salomón escribiu baixo inspiración que non está ben que nos alegremos polo sufrimento dos nosos inimigos. Debemos deixar a xustiza nas mans de Xehová.

Se temos unha diferenza con alguén, deberiamos deixar de falarlle ou gardarlle rencor?

Lev 19:17, 18; 1Co 13:4, 5; Ef 4:26

  • Relato bíblico relacionado:

    • Mt 5:23, 24. Xesús explicou que deberiamos facer todo o que poidamos por facer as paces cun irmán que ten algo contra nós.

Que é o máis amoroso que podemos facer se alguén nos ofende?

Pr 10:12; 19:11; Ef 4:32; Col 3:13

Por que deberiamos perdoar incluso os que pecaron moitas veces contra nós se están arrepentidos de verdade?

Se un pecado é tan grave que non podemos simplemente esquecelo, como por exemplo en caso de calumnia ou fraude, quen debería falar co pecador e con que obxectivo?

Mt 18:15

Ver tamén Snt 5:20.

Se alguén que nos calumniou ou nos defraudou non quere arrepentirse cando falamos con el a soas, que deberiamos facer?