Ir ó contido

Ir ó índice

Estudar a Biblia

Estudar a Biblia

Por que ten que estudar a Biblia con frecuencia un cristián?

Sl 1:1-3; Pr 18:15; 1Ti 4:6; 2Ti 2:15

Ver tamén Fei 17:11.

  • Relatos bíblicos relacionados:

    • Sl 119:97-101. O salmista dixo que amaba a lei de Deus e explicou como lle beneficiou obedecela.

    • Dn 9:1-3. Grazas ó seu estudo dos escritos sagrados, o profeta Daniel deuse conta de que os 70 anos que pasaría Israel no exilio estaban a punto de rematar.

Por que temos que seguir aprendendo máis da Biblia?

Heb 6:1-3; 2Pe 3:18

  • Relatos bíblicos relacionados:

    • Pr 4:18. Igual que ó amencer hai cada vez máis claridade, Xehová fai que a súa Palabra sexa cada vez máis fácil de entender para os que o aman.

    • Mt 24:45-47. Xesús profetizou que nomearía un “escravo fiel e prudente” que sería responsable de dar o alimento espiritual ó seu debido tempo durante os últimos días.

Por que é mellor a sabedoría da Biblia que a de calquera libro de filosofía humana?

Ecl 12:11-13; 1Co 3:19; 1Ti 6:20, 21; 2Pe 1:19-21

Que promete Xehová que lles dará ás persoas que estudan a Biblia con sinceridade?

Pr 2:4-6; 9:10; Xn 6:45

Para sacarlle o máximo proveito ó noso estudo persoal, que deberiamos pedirlle a Xehová antes?

Lc 11:13; 1Co 2:10; Snt 1:5

Ver tamén Sl 119:66.

Por que deberiamos aproveitar ó máximo todo o alimento espiritual que nos dá o “escravo fiel e prudente”?

Mt 24:45-47

Ver tamén Mt 4:4; 1Ti 4:15.

Por que deberiamos buscar o coñecemento exacto, prestando atención incluso ós detalles?

Flp 1:9, 10; Col 1:9, 10

Por que é importante que nos esforcemos por ter máis sabedoría e entendemento?

Pr 4:7; Ecl 7:25

Por que deberiamos ler a Biblia despaciño e meditar con calma no que lemos?

Xos 1:8; Sl 1:2

Por que deberiamos pensar en como aplicar na nosa vida o que lemos na Biblia?

Rm 15:4; 1Co 10:11; 2Ti 3:16, 17; Snt 1:22-25

Por que deberiamos pensar con coidado en como compartir con outros o que aprendemos?

Pr 15:28; 1Pe 3:15

Como pode axudarnos estudar unha e outra vez verdades importantes?

2Pe 1:13; 3:1, 2

  • Relato bíblico relacionado:

    • Dt 6:6, 7; 11:18-20. Xehová díxolles ós israelitas que debían ensinarlles a Lei ós seus fillos. E díxolles que debían facelo unha e outra vez, sempre que tivesen ocasión.

Cales son os beneficios de estudar a Palabra de Deus en familia?

Ef 6:4

  • Relatos bíblicos relacionados:

    • Xén 18:17-19. Xehová quería que Abrahán lles ensinase ós da súa casa a vivir con rectitude e xustiza.

    • Sl 78:5-7. En Israel, cada xeración debía ensinarlles sobre Xehová ós seus fillos para que a seguinte xeración seguise confiando nel.

Como pode axudarnos estudar a Biblia xuntos nas reunións de congregación?

Heb 10:25

Ver tamén Pr 18:1.