CANCIÓN 152
Un lugar que che dará honra
(1 Reis 8:27; 1 Crónicas 29:14)
1. Xehová, Creador, Rei glorioso,
os ceos non poden conter
toda a túa santidade, Deus,
nin a Terra o teu poder.
Mais neste lugar sentiremos
o espírito santo en acción.
Moi unidos ímoste louvar
neste centro de adoración.
(TRANSICIÓN)
Todo vén de ti, Pai,
nós non temos nadiña.
O que che ofrecemos
xa veu da túa man.
(REFRÁN)
As voces unimos felices
pra darche as grazas, Xehová,
xa que che queremos dedicar
un lugar que te vai honrar.
2. Que este lugar tan fermoso
axude a moitos a ver
que servirte é un gran pracer,
e te queiran obedecer.
Agora a seguir predicando,
con ganas e de corazón!
Porque queda moito por facer
no labor que Xesús mandou.
(TRANSICIÓN)
Imos da-lo mellor:
tempo, forzas, recursos.
E-lo único que
merece adoración.
(REFRÁN)
As voces unimos felices
pra darche as grazas, Xehová,
xa que che queremos dedicar
un lugar que te vai honrar.