Ir ó contido

Ir ó índice

COMEZA CONVERSAS

LECCIÓN 1

Interese polos demais

Interese polos demais

Principio bíblico: “O amor [...] non busca a súa comenencia” (1 Cor. 13:4, 5).

Que fixo Xesús?

1. Mira o VÍDEO ou le Xoán 4:6-9. Despois pensa nas seguintes preguntas:

  1.    En que se fixou Xesús antes de empezar a falar coa muller?

  2.   Xesús díxolle á muller: “Dáme de beber”. Por que foi unha forma eficaz de iniciar a conversación?

Que podes aprender de Xesús?

2. É máis probable que teñas unha boa conversa se empezas falando dun tema que lle interese á outra persoa.

Imita o exemplo de Xesús

3. Sé flexible. En vez de insistir en falar do tema que ti tiñas pensado, utiliza un tema actual que lles preocupe ós demais. Pregúntate:

  1.    De que falan as noticias?

  2.   De que falan os meus veciños e os meus compañeiros?

4. Sé observador. Pregúntate:

  1.    Que está facendo a persoa? En que podería estar pensando?

  2.   Que me din a súa forma de vestir, o seu aspecto ou a súa casa sobre as súas crenzas ou cultura?

  3.   É este un bo momento para falar coa persoa?

5. Escoita.

  1.    Non fales moito.

  2.   Anima a persoa a expresarse e, cando sexa apropiado, faille preguntas.

VER TAMÉN

Mt. 7:12; 1 Cor. 9:20-23; Flp. 2:4; Sant. 1:19