Ir ó contido

Ir ó índice

COMEZA CONVERSAS

Xoán 9:1-7

LECCIÓN 3

Bondade

Bondade

Principio bíblico: “O amor é [...] bondadoso” (1 Cor. 13:4, TNM).

Que fixo Xesús?

1. Mira o VÍDEO ou le Xoán 9:1-7. Despois pensa nas seguintes preguntas:

  1.    Que fixo Xesús primeiro? Curou o home cego ou predicoulle? (Ver Xoán 9:35-38).

  2.   Por que fixo isto que o home estivese máis disposto a escoitar as boas noticias?

Que podes aprender de Xesús?

2. As persoas estarán máis dispostas a escoitar a mensaxe se notan que te preocupas por elas.

Imita o exemplo de Xesús

3. Demostra empatía. Intenta imaxinar como se sente a persoa coa que falas.

  1.    Pregúntate: “Que cousas lle poderían preocupar? Que temas lle poderían gustar ou resultar útiles?”. Facer isto axudarache a demostrar bondade de forma natural e sincera.

  2.   Demostra que te preocupas pola persoa escoitándoa con atención. Se che di como se sente ou che fala dun problema polo que está pasando, non cambies de tema.

4. Demostra bondade e respecto ó falar. Se de verdade te preocupas pola persoa e queres axudala, vaise notar na túa forma de expresarte. Escolle ben as túas palabras e o ton co que falas. Evita dicir algo que poida ofendela.

5. Se podes, axuda. Busca oportunidades para axudar á persoa de formas prácticas. Se somos bondadosos con ela será máis fácil que queira falar con nós.

VER TAMÉN

Rm. 12:15, 16; Gál. 6:10; Heb. 13:16