Ir ó contido

Ir ó índice

CULTIVA O INTERESE

Xoán 7:3-5; 1 Corintios 15:3, 4, 7

LECCIÓN 8

Paciencia

Paciencia

Principio bíblico: “O amor é paciente” (1 Cor. 13:4, TNM).

Que fixo Xesús?

1. Mira o VÍDEO ou le Xoán 7:3-5 e 1 Corintios 15:3, 4, 7. Despois pensa nas seguintes preguntas:

  1.    Como responderon ó principio os irmáns de Xesús á súa predicación?

  2.   Que demostra que Xesús non se deu por vencido co seu irmán Santiago?

Que podes aprender de Xesús?

2. Necesitamos ser pacientes porque algunhas persoas tardan máis ca outras en aceptar as boas noticias.

Imita o exemplo de Xesús

3. Proba diferentes métodos. Se a persoa non acepta un curso da Biblia tan pronto como che gustaría, non insistas. Cando sexa apropiado, usa vídeos e artigos que lle axuden a entender como son eses cursos e como lle poden beneficiar.

4. Non compares. Cada persoa é diferente. Se un familiar ou unha revisita dubida en estudar a Biblia ou en aceptar algunha ensinanza bíblica, pensa nos motivos que podería haber detrás. Hai algunha crenza relixiosa que sexa especialmente importante para ela? Está sufrindo presión por parte da familia ou dos veciños? Dálle tempo para pensar no que lle explicaches e para valorar o que di a Biblia.

5. Ora pola persoa. Pídelle a Xehová que che axude a ter unha actitude positiva e respectuosa. Óralle tamén para saber cando é mellor deixar de visitar a alguén que demostra pouco interese (1 Cor. 9:26).

VER TAMÉN

Mc. 4:26-28; 1 Cor. 3:5-9; 2 Pe. 3:9