Ir ó contido

Ir ó índice

FAI DISCÍPULOS

Xoán 3:1, 2

LECCIÓN 10

Compromiso

Compromiso

Principio bíblico: “Estabamos dispostos a entregarvos non só o Evanxeo de Deus, senón a nosa propia vida: tanto vos fixestes querer” (1 Tes. 2:8).

Que fixo Xesús?

1. Mira o VÍDEO ou le Xoán 3:1, 2. Despois pensa nas seguintes preguntas:

  1.    Por que é probable que Nicodemo preferise ir onda Xesús pola noite? (Ver Xoán 12:42, 43).

  2.   Como demostrou Xesús que estaba comprometido co labor de facer discípulos cando recibiu a Nicodemo pola noite?

Que podes aprender de Xesús?

2. Demostramos que amamos as persoas cando nos comprometemos a axudarlles a facerse testemuñas de Xehová.

Imita o exemplo de Xesús

3. Estuda a unha hora e nun lugar que lle conveña ó estudante. Quizais prefira estudar certo día da semana ou a unha hora específica. Onde estaría máis cómodo? No seu traballo, na súa casa ou nun lugar público? Na medida do posible, adapta a túa rutina ás súas necesidades.

4. Estuda con regularidade. Se vas estar de viaxe, non canceles a clase. Máis ben, pensa:

  1.    Poderías dar a clase outro día da semana?

  2.   Poderiades estudar por teléfono ou videoconferencia?

  3.   Poderías pedirlle a outro irmán que dea a clase por ti?

5. Óralle a Xehová para que che axude a ter a actitude correcta. Pídelle que che axude a manter o sentido de compromiso, mesmo se o estudante non é constante nas clases ou non aplica o que aprende tan rápido como che gustaría (Flp. 2:13). Seguro que o teu estudante ten moi boas calidades, así que pídelle a Xehová que che axude a centrarte nelas.

VER TAMÉN

Pr. 3:27; Feit. 20:35; 2 Cor. 12:15