Ir ó contido

Ir ó índice

FAI DISCÍPULOS

LECCIÓN 11

Simplicidade

Simplicidade

Principio bíblico: “Se [...] non pronunciades palabras claras, ¿como se vai entende-lo que falades?” (1 Cor. 14:9).

Que fixo Xesús?

1. Mira o VÍDEO ou le Mateo 6:25-27. Despois pensa nas seguintes preguntas:

  1.    Que exemplo puxo Xesús para ensinarnos como nos coida Xehová?

  2.   Aínda que Xesús sabía moitas cousas sobre os paxaros, en que detalle se centrou? Por que foi efectiva esta forma de ensinar?

Que podes aprender de Xesús?

2. Cando ensinamos de forma simple, as persoas recordan mellor o que aprenden e chégalles ó corazón.

Imita o exemplo de Xesús

3. Non fales demasiado. En vez de explicarlle ó estudante todo o que sabes sobre un tema, céntrate na información da publicación que estades estudando. Despois de facerlle unha pregunta, sé paciente e dálle tempo para responder. Se non sabe a resposta ou expresa un punto de vista contrario ó que di a Biblia, axúdalle a razoar facéndolle preguntas adicionais. Cando o estudante entenda a idea principal, pasa á seguinte.

4. Axúdalle ó teu estudante a entender cousas novas utilizando as que xa coñece. Por exemplo, antes de empezar unha lección sobre a resurrección, poderías repasar brevemente o que xa aprendeu sobre o estado no que se atopan os mortos.

5. Usa os exemplos con coidado. Antes de poñer un exemplo, pregúntate:

  1.    É simple?

  2.   Será fácil de entender para o estudante?

  3.   Axudaralle a recordar a idea principal? Ou recordará só o exemplo?

VER TAMÉN

Mt. 11:25; Xn. 16:12; 1 Cor. 2:1