Ir ó contido

Ir ó índice

FAI DISCÍPULOS

LECCIÓN 12

Valor

Valor

Principio bíblico: “Aceite e incenso alegran o corazón, igual que a doce amizade que nace dun consello sincero” (Pr. 27:9, TNM).

Que fixo Xesús?

1. Mira o VÍDEO ou le Marcos 10:17-22. Despois pensa nas seguintes preguntas:

  1.    Que boas calidades viu Xesús no gobernante?

  2.   Por que necesitou Xesús amor e valor para aconsellalo?

Que podes aprender de Xesús?

2. Para axudar ós nosos estudantes a acercarse a Xehová temos que falarlles de forma amorosa, pero tamén con franqueza.

Imita o exemplo de Xesús

3. Axuda ó estudante a poñerse metas e a alcanzalas.

  1.    Usa a sección “Intenta isto” de cada lección do libro Desfruta da vida para sempre!

  2.   Axúdalle a saber que pasos ten que dar para alcanzar metas a curto e a longo prazo.

  3.   Sempre que poidas, felicítao polo seu progreso.

4. Identifica os obstáculos que lle impiden progresar e axúdalle a superalos.

  1.    Pregúntate:

    • Se o estudante non está dando pasos para bautizarse, que llo dificulta?

    • Que podo facer para axudarlle?

  2.   Pídelle a Xehová que che dea valor para explicarlle con franqueza e cariño o que ten que facer.

5. Interrompe o curso se o estudante non dá pasos.

  1.    Usa as seguintes preguntas para comprobar se o teu estudante está progresando:

    • Aplica o que está aprendendo?

    • Asiste ás reunións de congregación e fala con outros sobre o que está aprendendo?

    • Se xa estudou por un tempo, quere ser testemuña de Xehová?

  2.   Se o estudante non quere dar pasos:

    • Anímao a pensar en que cousas llo están impedindo.

    • Explícalle con cariño por que interrompes o curso.

    • Explícalle tamén que cambios ten que facer se quere retomar o curso.

VER TAMÉN

Sal. 141:5, TNM; Pr. 25:12; 27:6, TNM; 1 Cor. 9:26; Col. 4:5, 6, TNM