Ir ó contido

Ir ó índice

APÉNDICE A

Ensinanzas da Biblia das que nos gusta falar

Ensinanzas da Biblia das que nos gusta falar

Xesús dixo que as persoas de bo corazón recoñecerían a verdade cando a escoitasen (Xn. 10:4, 27). Por iso, sempre que conversamos con alguén intentamos falarlle dalgunha verdade da Biblia. Poderías empezar preguntándolle: “Sabías que...?” ou “Algunha vez escoitaches que...?”. Despois usa un texto relacionado co tema para explicarlle esa verdade. Tan só unha pequena idea baseada na Biblia pode ser coma unha semente plantada no corazón da persoa que Deus pode facer crecer (1 Cor. 3:6, 7).

 O FUTURO

  1. 1. O que está pasando na actualidade e a forma de ser da xente mostra que está cerca un cambio (Mt. 24:3, 7, 8; Lc. 21:10, 11; 2 Tim. 3:1-5).

  2. 2. A Terra nunca vai ser destruída (Sal. 104:5; Ecl. 1:4).

  3. 3. O medio ambiente vai ser restaurado (Is. 35:1, 2; Ap. 11:18).

  4. 4. Todo o mundo terá saúde perfecta (Is. 33:24, TNM; 35:5, 6).

  5. 5. Podes vivir para sempre na Terra (Sal. 37:29; Mt. 5:5).

 A FAMILIA

  1. 6. O home “debe ama-la súa muller coma a si mesmo” (Ef. 5:33; Col. 3:19).

  2. 7. A muller debe respectar profundamente o seu home (Ef. 5:33; Col. 3:18).

  3. 8. O home e a súa muller deben ser leais o un ó outro (Mal. 2:16, TNM; Mt. 19:4-6, 9; Heb. 13:4).

  4. 9. Os nenos deben respectar e obedecer a seus pais para que lles vaia ben (Pr. 1:8, 9; Ef. 6:1-3).

NASA, ESA and the Hubble Heritage Team (STScI/AURA)-ESA/Hubble Collaboration. Licensed under CC BY 4.0. Source.

 DEUS

  1. 10. Deus ten un nome (Is. 42:8; Xer. 10:10).

  2. 11. Deus comunícase con nós (2 Tim. 3:16, 17; 2 Pe. 1:20, 21).

  3. 12. Deus é xusto e imparcial (Dt. 10:17; Feit. 10:34, 35).

  4. 13. Deus quere axudarnos (Sal. 46:2 [46:1, TNM]; 145:18, 19).

 A ORACIÓN

  1. 14. Deus quere que lle oremos (Sal. 62:9 [62:8, TNM]; 65:3 [65:2, TNM]; 1 Pe. 5:7).

  2. 15. A Biblia ensínanos como orar (Mt. 6:7-13; Lc. 11:1-4).

  3. 16. Debemos orar con frecuencia (Mt. 7:7, 8; 1 Tes. 5:17).

 XESÚS

  1. 17. Xesús foi un gran mestre e os seus consellos sempre funcionan (Mt. 6:14, 15, 34; 7:12).

  2. 18. Xesús predixo sucesos que se están cumprindo na actualidade (Mt. 24:3, 7, 8, 14; Lc. 21:10, 11).

  3. 19. Xesús é o Fillo de Deus (Mt. 16:16; Xn. 3:16; 1 Xn. 4:15).

  4. 20. Xesús non é o Deus todopoderoso (Xn. 14:28; 1 Cor. 11:3).

Based on NASA/Visible Earth imagery

 O REINO DE DEUS

  1. 21. O Reino de Deus é un goberno real que está no ceo (Dn. 2:44; 7:13, 14; Mt. 6:9, 10; Ap. 11:15).

  2. 22. O Reino de Deus substituirá os gobernos humanos (Sal. 2:7-9; Dn. 2:44).

  3. 23. O Reino de Deus é a única solución ós problemas da humanidade (Sal. 37:10, 11; 46:10 [46:9, TNM]; Is. 65:21-23).

 O SUFRIMENTO

  1. 24. Deus non é o culpable do noso sufrimento (Dt. 32:4; Sant. 1:13).

  2. 25. Satanás é quen goberna o mundo (Lc. 4:5, 6; 1 Xn. 5:19).

  3. 26. A Deus preocúpalle o teu sufrimento (Sal. 34:18-20 [34:17-19, TNM]; Is. 41:10, 13).

  4. 27. Moi pronto Deus vai acabar co sufrimento (Is. 65:17; Ap. 21:3, 4).

 A MORTE

  1. 28. Os mortos están inconscientes, non están sufrindo (Ecl. 9:5; Xn. 11:11-14).

  2. 29. Os mortos non poden axudarnos nin facernos dano (Sal. 146:4; Ecl. 9:6, 10).

  3. 30. Os teus seres queridos resucitarán (Xob 14:13-15, TNM; Xn. 5:28, 29; Feit. 24:15).

  4. 31. “A morte xa non existirá máis” (Ap. 21:3, 4; Is. 25:8).

 A RELIXIÓN

  1. 32. Non tódalas relixións lle agradan a Deus (Xer. 7:11; Mt. 7:13, 14, 21-23).

  2. 33. Deus odia a hipocrisía (Is. 29:13; Miq. 3:11; Mc. 7:6-8).

  3. 34. O amor identifica a relixión verdadeira (Miq. 4:3; Xn. 13:34, 35).