Ir ó contido

Avanza cara á madurez, ‘está cerca o grande día do Señor’

Avanza cara á madurez, ‘está cerca o grande día do Señor’

Avanza cara á madurez, ‘está cerca o grande día do Señor’

“Avancemos cara á madurez” (HEB. 6:1, TNM).

1, 2. Que oportunidade para escapar ás montañas se lles deu ós cristiáns do primeiro século en Xerualén e Xudea?

 CANDO Xesús estivo na terra, os seus discípulos preguntáronlle: “Cal será o sinal da túa presenza e da parte final do sistema?”. O cumprimento inicial da profecía que Xesús lles deu como resposta sería durante o primeiro século. Xesús dixo que un evento fóra do normal sería o sinal de que o fin estaba moi cerca. Para cando iso sucedese, díxolles: “Os que esteades en Xudea escapade para as montañas” (Mat. 24:1-3, 15-22). Poderían recoñecer os discípulos o sinal e seguir as instrucións?

2 Case unhas tres décadas despois, no ano 61 da nosa era, o apóstolo Paulo deulles unha mensaxe moi forte e directa ós cristiáns hebreos de Xerusalén e dos arredores. Paulo e os seus seguidores non o sabían, pero o sinal que marcaría o inicio da “gran tribulación” chegaría en tan só uns cinco anos (Mat. 24:21). No 66 da nosa era, Cestio Galo dirixiu as tropas romanas nun ataque case triunfante en Xerusalén. Pero, de repente, retirouse dando a oportunidade para que puidesen escapar.

3. Que consello lles deu Paulo ós cristiáns hebreos e por que?

3 Aqueles cristiáns necesitaban ter un profundo discernimento e unha boa percepción espiritual para darse conta do que pasaba e fuxir. Pero algúns volvéronse “nugalláns para escoitardes”. Eran bebés espirituais que necesitaban “leite” (le Hebreos 5:11-13). Incluso algúns que levaban décadas na verdade demostraban que se estaban apartando do Deus vivo (Heb. 3:12). Algúns tiñan o costume de faltar as reunións no tempo no que estaba “a chegar aquel día” (Heb. 10:24, 25). Paulo deulles o consello que necesitaban cando dixo: “Xa que deixamos atrás as ensinanzas básicas acerca do Cristo, avancemos cara á madurez” (Heb. 6:1, TNM).

4. Por que é importante estar alerta espiritualmente e que nos axudará a conseguilo?

4 Estamos vivindo no tempo no que se cumpre finalmente a profecía de Xesús. “Está cerca o grande día do Señor”, o día no que acabará o mundo de Satanás (Sof. 1:14). Temos que estar fortes espiritualmente e manternos alerta coma nunca antes (1 Ped. 5:8). Estámolo? A madurez espiritual axudaranos a manternos centrados neste tempo.

Que é a madurez espiritual

5, 6. a) Que implica ser maduro espiritualmente? b) En que dúas cousas temos que esforzarnos para ser maduros espiritualmente?

5 Paulo non só animou os cristiáns hebreos do primeiro século a ser maduros espiritualmente, senón que tamén lles explicou o que significaba (le Hebreos 5:14, TNM). As “persoas maduras” toman “alimento sólido” porque non lles chega tomar “leite”. Por iso saben tanto as cousas elementais da verdade coma as máis profundas (1 Cor. 2:10). Ademais, as súas facultades perceptivas están adestradas co uso, pois aplican o que saben, e isto axúdalles a distinguir o bo do malo. Cando se enfrontan a unha decisión, este adestramento permítelles saber que principios da Biblia están implicados e como aplicalos.

6 Paulo escribiu: “Temos que poñer toda a atención ó que un día oímos, non sexa que andemos á deriva” (Heb. 2:1). Podemos ir á deriva antes de que nos deamos conta. A forma de evitalo é poñer toda a nosa atención cando estudamos a Biblia, tanto na casa coma nas reunións. Por iso, temos que preguntarnos: “Estou investigando só as cousas elementais? Estou deixándome levar á deriva porque non poño todo o meu corazón na verdade? Como podo mellorar espiritualmente?”. Para madurar hai que esforzarse polo menos en dúas áreas: temos que coñecer ben a Palabra de Deus e temos que aprender a obedecer.

Coñece ben a Biblia

7. Como pode beneficiarnos coñecer mellor a Biblia?

7 Paulo escribiu: “Todo aquel que ‘está a leite’, descoñece as razóns da esperanza cristiá, porque é un meniño” (Heb. 5:13). Para ser maduros temos que familiarizarnos coa Palabra de Deus, temos que coñecela ben. Como a súa mensaxe está na Biblia, debemos ser bos estudantes das Escrituras e das publicacións do “escravo fiel e prudente” (Mat. 24:45-47). Facelo é o que nos permitirá ter as nosas facultades perceptivas en boa forma. Pensa no exemplo da irmá Astrid. a Ela conta: “O recordatorio que máis efecto tivo na miña vida foi o de ler regularmente a Biblia. Levoume uns dous anos acabar de lela por completo pero sentín que coñecía o meu Creador por primeira vez. Aprendín sobre os seus camiños, o que lle gusta e o que non, o seu poder e a profundidade da súa sabedoría. Ler a Biblia tódolos días foi o que me mantivo en pé durante os peores momentos da miña vida”.

8. Que poder pode exercer a Biblia en nós?

8 Ler regularmente un pouquiño da Palabra de Deus permite que a súa mensaxe chegue ó noso corazón (le Hebreos 4:12). Esta lectura pode cambiarnos e facer que agrademos máis a Xehová. Necesitas cambiar o teu horario para ler máis a Biblia e meditar nela?

9, 10. Que implica coñecer a Palabra de Deus? Pon un exemplo.

9 Coñecer a Biblia implica máis que familiarizarse co que di. Os cristiáns que non eran maduros nos días de Paulo probablemente coñecían algo do que dicía a Palabra de Deus. Pero non a usaban na súa vida nin a poñían en práctica. Non permitiron que a mensaxe os guiase para tomar decisións sabias na súa vida.

10 Coñecer a Palabra de Deus significa entender o que di e poñelo en práctica. A experiencia dunha irmá chamada Kyle mostra como se pode facer. Ela tivo un problema cun dos seus compañeiros de traballo. Que fixo para resolver o problema? Ela explica: “O texto da Biblia que veu á miña cabeza foi Romanos 12:18 (TNM), que di: ‘Se é posible, ata onde dependa de vós, vivide en paz con todos’. Así que quedei con ese compañeiro despois do traballo”. A conversa foi moi ben e aquel compañeiro quedou impresionado ó ver como Kyle resolvera o problema. Ela di: “Aprendín que nunca iremos polo mal camiño se aplicamos os principios da Biblia”.

Aprende a ser obediente

11. Que exemplo hai de que obedecer pode ser un reto cando as circunstancias son difíciles?

11 Aplicar o que aprendemos nas Escrituras pode ser todo un reto, especialmente cando as circunstancias son difíciles. Por exemplo, pouco despois de que Xehová liberase ós israelitas de Exipto, empezaron a berrarlle a Moisés e a poñer a proba a Xehová. Por que? Porque non tiñan auga para beber (Éx. 17:1-4). Despois de pasar pouco menos de dous meses desde que fixeran o pacto con Xehová, violaron a súa lei cando empezaron a practicar idolatría (Éx. 24:3, 12-18; 32:1, 2, 7-9). Fixeron isto porque se enfadaron ó pasar moito tempo sen Moisés mentres estaba no monte Horeb recibindo instrucións? Pensarían que os amalecitas os atacarían de novo e que estarían indefensos sen Moisés, quen lles conseguira anteriores vitorias? (Éx. 17:8-16) É posible, pero en calquera caso, os israelitas “non quixeron obedecelo” (Feit. 7:39-41). Paulo animou os cristiáns a facer todo o posible por non seguir “o mesmo exemplo de desobediencia” ca os israelitas cando tiveron medo de entrar na Terra Prometida (Heb. 4:3; 4:11, TNM).

12. Como aprendeu Xesús a ser obediente, e como lle axudou?

12 Para poder ir facéndonos maduros temos que esforzarnos por obedecer a Xehová. Como explicou Xesús, aprendemos a obedecer cando sufrimos (le Hebreos 5:8, 9). Antes de vir á Terra, Xesús foi obediente ó seu pai. Pero cando fixo a vontade do seu pai na Terra tivo que sufrir física e mentalmente. Cando obedeceu en circunstancias tan duras Xesús foi perfeccionado para o novo cargo que Xehová tiña en mente para el, ser Rei e Sumo Sacerdote.

13. Como demostramos que xa aprendemos a ser obedientes?

13 Que hai de nós? Estamos decididos a obedecer a Xehová incluso cando pasemos por momentos difíciles? (le 1 Pedro 1:6, 7) Os consellos de Deus sobre a moralidade, a honestidade, a forma de falar, a lectura e o estudo persoal da Biblia, a asistencia ás reunións e a participación na predicación son claros (Xos. 1:8, TNM; Mat. 28:19, 20; Ef. 4:25, 28, 29; 5:3-5; Heb. 10:24, 25). Estamos sendo obedientes a Xehová nestes campos incluso cando temos problemas? A nosa obediencia demostra que imos madurando espiritualmente.

Por que nos beneficia ser maduros espiritualmente?

14. Explica cun exemplo como é unha protección esforzarse por ser maduros espiritualmente.

14 Ter as facultades perceptivas en forma é unha boa protección para que os cristiáns distingan o bo do malo neste mundo sen sentido moral (Ef. 4:19). Por exemplo, un irmán chamado James, quen le e medita regularmente nas publicacións baseadas na Biblia, aceptou un traballo no que a maioría dos compañeiros eran mulleres. El conta: “Aínda que moitas delas demostraban que non tiñan sentido moral, unha delas parecía ser unha persoa respectable e demostrou ter interese pola verdade. Unha vez que estabamos sos nunha sala no traballo, empezou a insinuarse sexualmente. Pensaba que estaba de broma pero foime moi difícil parala. Nese momento acordeime dunha experiencia de A Atalaia sobre un irmán que lle pasara algo parecido no seu traballo. No artigo usaban o exemplo de Xosé e a esposa de Potifar. b Entón apartei a rapaza e ela marchou correndo” (Xén. 39:7-12). James está contento de que non pasase nada máis e de poder manter a conciencia tranquila (1 Tim. 1:5).

15. Como fortalece o noso corazón esforzarnos por ser máis maduros?

15 A madurez tamén fortalece o noso corazón e fai que non nos deixemos levar por “complicadas e alleas doutrinas” (le Hebreos 13:9). Cando nos esforzamos por ser mellores cristiáns, a nosa mente está centrada nas cousas “máis importantes” (Filip. 1:9, 10, TNM). Temos que agradecerlle máis a Xehová toda a axuda que nos dá (Rom. 3:24). Os cristiáns que chegan “a ser adultos no [...] entendemento” son máis agradecidos e desfrutan dunha amizade forte con Xehová (1 Cor. 14:20, TNM).

16. Que lle axudou a unha irmá a fortalecer o seu corazón?

16 Unha irmá chamada Louise admite que, durante un tempo despois de bautizarse, o que mais lle preocupaba era o que os demais puideran pensar dela. Ela conta: “Non facía nada malo, pero o meu corazón non tiña un desexo forte por servir a Xehová. Deime conta de que tiña que facer algúns cambios para poder sentir que lle daba todo o que podía a Xehová. O cambio máis grande foi adoralo de todo corazón”. Grazas a este esforzo, Louise fortaleceu o seu corazón e isto foi unha axuda moi grande cando pasou por problemas de saúde (Sant. 5:8, TNM). Ela di: “Foi difícil pero achegoume a Xehová”.

Obedece de corazón

17. Por que foi vital obedecer no primeiro século?

17 O consello de Paulo de avanzar “cara á madurez” foi o que lles salvou a vida ós cristiáns do primeiro século que vivían en Xerusalén e Xudea. Os que prestaron atención foron capaces de discernir e recoñecer o sinal que Xesús lles dera e así escapar “para as montañas”. Cando viron “a cousa noxenta que causa destrución [...] de pé no lugar santo”, é dicir, o exército romano rodeando e entrando en Xerusalén, souberon que era o momento de fuxir (Mat. 24:15, 16). Seguindo o aviso profético de Xesús, os cristiáns abandonaron a cidade de Xerusalén antes de que a destruísen e, segundo o historiador eclesiástico Eusebio, sitiaron a cidade de Pela na rexión montañosa de Galaad. Así evitaron o peor desastre de Xerusalén da historia.

18, 19. a) Por que é vital ser obedientes hoxe? b) Que veremos no seguinte artigo?

18 Cando nos esforzamos por madurar somos máis obedientes, e isto será o que nos salve a vida cando a profecía de Xesús sobre a “gran tribulación” se cumpra (Mat. 24:21). Demostraremos ser obedientes sen importar as instrucións que recibamos do criado fiel e prudente? (Luc. 12:42) É moi importante que obedezamos de corazón (Rom. 6:17).

19 Para madurar necesitamos poñer en forma as nosas facultades perceptivas. Facémolo cando nos esforzamos por cumprir mellor coa Palabra de Deus e aprendemos a ser obedientes. Facerse maduro espiritualmente é máis difícil cando somos novos. No seguinte artigo veremos como os rapaces poden superar estes problemas.

[Nota]

a Cambiáronse algúns nomes

b Mira o artigo “Fortalecidos para rechazar el mal” da revista La Atalaya do 1 de outubro de 1999.

Que responderías?

• Que significa ser maduro espiritualmente e como podemos conseguilo?

• Que ten que ver coñecer a Palabra de Deus con madurar?

• Como aprendemos a ser obedientes?

• De que maneiras nos axuda ser maduros?

[Preguntas de estudo]

[Imaxe]

Aplicar os consellos da Biblia axúdanos a enfrontarnos ós problemas con madurez.

[Imaxe]

Seguir o consello de Xesús salvoulles a vida ós primeiros cristiáns.