Ir ó contido

Ir ó índice

3. Enfermidades

3. Enfermidades

3. Enfermidades

“Haberá [...] pestes” (LUCAS 21:11).

● Bonzali, un funcionario de saúde pública dun país de África esnaquizado pola guerra civil, fai o pouco que pode para tratar os mineiros da localidade que están morrendo por culpa do virus Marburg. * As súas peticións de axuda ás autoridades sanitarias dunha cidade máis grande quedaron sen resposta. Catro meses máis tarde, cando por fin chega a axuda médica, Bonzali xa está morto. Contraeu o virus dos mineiros que intentaba salvar.

QUE DEMOSTRAN OS FEITOS? As infeccións respiratorias de vías baixas (como a pneumonía), a diarrea, a sida, a tuberculose e a malaria son algunhas das enfermidades máis mortíferas que afectan a humanidade. Nun ano recente estes cinco tipos de enfermidades mataron arredor de 10,7 millóns de persoas. Ou dito doutro xeito, mataron aproximadamente unha persoa cada tres segundos durante todo o ano.

OBXECCIÓN. A poboación mundial segue a medrar, por iso hai máis casos de enfermidade, porque hai máis persoas que se poden infectar.

É VALIDA ESTA OBXECCIÓN? A poboación mundial aumentou drasticamente, pero tamén o fixo a capacidade do ser humano para diagnosticar, controlar e tratar as enfermidades. Entón, non sería lóxico que as enfermidades afectasen cada vez menos a humanidade? Pero o que pasa é xusto o contrario.

TI QUE PENSAS? Estamos a sufrir enfermidades terribles tal e como profetizou a Biblia?

Os terremotos, a fame e as enfermidades causan estragos entre millóns de persoas. E millóns máis sofren por culpa doutros humanos. Moitos mesmo son vítimas daqueles que os deberían protexer. Fíxate no que a Biblia predixo que pasaría.

[Nota]

^ par.3 A febre hemorráxica de Marburg está causada por un virus relacionado co Ébola.

[Frase destacada]

“É horrible que te coma un león ou calquera outro animal. Pero é igual de horrible que un bicho te vaia comendo dende dentro e vexas o que che está a pasar” (MICHAEL OSTERHOLM, EPIDEMIÓLOGO).

[Créditos da imaxe]

© William Daniels/Panos Pictures