Ir ó contido

Ir ó índice

Son tódolos cristiáns verdadeiros cristiáns?

Son tódolos cristiáns verdadeiros cristiáns?

Son tódolos cristiáns verdadeiros cristiáns?

SABES cantos cristiáns hai no mundo? Segundo o Atlas of Global Christianity, en 2010 había case 2300 millóns. Pero a mesma obra explicaba que estes cristiáns están divididos entre máis de 41.000 confesións relixiosas, cada unha coas súas propias doutrinas e normas. Claro, con tantas relixións que din ser cristiás é natural que algúns non saiban que pensar e acaben decepcionados. Poida que se pregunten: “Serán cristiáns tódolos que afirman selo?”.

Tratemos de abordar a cuestión dende outra perspectiva. Se queres entrar noutro país, que farías para demostrar que es de onde dis ser? Verdade que non chegaría coa túa palabra? Terías que presentar un pasaporte ou calquera outro documento que o demostre. Pois para ser un cristián verdadeiro tampouco chega con dicir que un cre en Cristo. Hai que ter unha identificación adicional. Imos ver cal.

O termo cristián empezou a utilizarse pouco despois do ano 44 da nosa era. O historiador bíblico Lucas dixo que “foi en Antioquía onde por primeira vez ós discípulos lles chamaron ‘cristiáns’” (Feitos 11:26). Así que os cristiáns tiñan que ser discípulos de Cristo. Pero, que implica ser discípulo de Xesucristo? O Diccionario Teológico del Nuevo Testamento explica: “O seguimento [de Cristo] como discípulo supón e significa unha entrega sen reservas de toda a existencia [...] para toda a vida”. Noutras palabras, un verdadeiro cristián segue de forma total e incondicional os ensinos e instrucións de Xesús, o fundador do cristianismo.

Haberá persoas que fagan isto entre os que din ser cristiáns hoxe? Que dixo Xesús que identificaría os seus seguidores? Para saber o que di a Biblia, animámoste a ler os seguintes cinco artigos. Cada un deles analizará unha característica que, segundo o propio Xesús, identificaría os seus verdadeiros discípulos. Tamén veremos como deron exemplo os cristiáns do século primeiro e despois intentaremos identificar que cristiáns fan o mesmo na actualidade.