Ir ó contido

Ir ó índice

TEMA DE PORTADA | MENTIRAS QUE NOS APARTAN DE DEUS

A verdade que nos pode facer libres

A verdade que nos pode facer libres

Unha vez, en Xerusalén, Xesús estaba falando do seu Pai, Xehová, e deixou claro que os líderes relixiosos andaban a mentir (Xoán 8:12-30). O que dixo daquela axúdanos a saber se o que cremos sobre Deus é certo. Dixo: “Se permanecedes na miña palabra, seredes de verdade discípulos meus; e coñeceréde-la verdade e a verdade faravos libres” (Xoán 8:31, 32).

Ó dicir: “se permanecedes na miña palabra”, Xesús ensinou como saber se unha crenza relixiosa é certa ou non. Cando che digan algo sobre Deus, pregúntate: “Está de acordo co que dixo Xesús e co resto da Biblia?”. Dese xeito estarás facendo o mesmo que algúns dos que escoitaron ó apóstolo Paulo, que investigaban “tódolos días as Escrituras, para veren se aquilo era así” (Feitos 17:11).

Marco, Rosa e Raymonde, dos que falamos no primeiro artigo, examinaron as súas crenzas estudando a Biblia coas testemuñas de Xehová. Que descubriron?

Marco: “Quen nos daba as clases respondía coa Biblia tódalas preguntas que tiñamos a miña muller e mais eu. Pouco a pouco empezamos a amar a Xehová e tamén se fortaleceu o noso matrimonio”.

Rosa: “Ó primeiro pensaba que a Biblia era só un libro de filosofía que intentaba explicar quen é Deus empregando conceptos humanos. Pero pouco a pouco fun atopando nela a resposta ás miñas preguntas. Agora, Xehová é alguén real para min, alguén en quen podo confiar”.

Raymonde: “Pedinlle a Deus que me axudase a coñecelo e, ó pouco, o meu home e mais eu empezamos a estudar a Biblia. Por fin aprendemos a verdade sobre Xehová! Sentímonos moi contentos ó descubrir que tipo de Deus é”.

A Biblia é a Palabra inspirada de Deus, e non só desminte o que se ten dito del, senón que tamén nos ensina as calidades tan fermosas que ten. Ademais, axúdanos a coñecer “todo o que Deus nos outorgou pola súa gracia” (1 Corintios 2:12). Por que non te animas a descubrir por ti mesmo o que ensina a Biblia sobre Deus, o seu propósito e o noso futuro? Podes atopalo en www.pr418.com, na pestana “Ensinanzas da Biblia > Preguntas sobre a Biblia”. Tamén podes pedir un curso da Biblia a través da web ou falando directamente cunha testemuña de Xehová. Estamos seguros de que estudando a Biblia verás que amar a Deus é máis fácil do que imaxinabas.