Ir ó contido

Ir ó índice

Os mansos herdarán a Terra

Os mansos herdarán a Terra

A maioría de nós presenciamos algún tipo de inxustiza e vimos como persoas boas sufrían maltrato. Rematarán algún día as inxustizas e a maldade?

A Biblia responde esta pregunta e dános bos consellos para os nosos días. Fíxate na resposta que dá o Salmo 37 a estas importantes preguntas:

  • Como deberiamos reaccionar cando alguén nos trata mal? (Versículos 1 e 2).

  • Que lle sucederá á xente mala? (Versículo 10).

  • Que futuro lles espera ás persoas xustas? (Versículos 11 e 29).

  • Que deberiamos facer agora? (Versículo 34).

As palabras inspiradas do Salmo 37 din con claridade que quen “confía no Señor e garda o seu camiño” terá un futuro marabilloso. As testemuñas de Xehová estarán encantadas de axudarche a estudar a Biblia e de ensinarche o que tes que facer para que ti e os teus seres queridos poidades desfrutar deste futuro.