Ir ó contido

Ir ó índice

TESOUROS DA BIBLIA | MATEO 20-21

“Quen queira ser importante, que sirva ós demais”

“Quen queira ser importante, que sirva ós demais”

20:28

Ós orgullosos escribas e fariseos gustáballes ser vistos e que os saudasen “na praza”

Os orgullosos escribas e fariseos querían impresionar os demais e ser prominentes (Mt. 23:5-7). Pero Xesús era ben distinto, el dixo: “O Fillo do Home non veu a que o sirvan, senón a servir” (Mt. 20:28). E nós, centrámonos naqueles aspectos do noso servizo a Deus que nos reportan louvanzas e recoñecemento? Unha persoa importante ós ollos de Xehová fai todo o posible por servir ós demais. Isto implica facer cousas que a outros lles pasarán desapercibidas, e que as máis das veces só verá Xehová (Mt. 6:1-4). Os ministros humildes...

  • colaboran na limpeza e mantemento da Sala de Reunións.

  • toman a iniciativa en axudar ós maiores e a outros.

  • contribúen economicamente para a obra do Reino.