Ir ó contido

Ir ó índice

A NOSA VIDA CRISTIÁ

Pais, axudade ós vosos fillos a obter a sabedoría de Deus

Pais, axudade ós vosos fillos a obter a sabedoría de Deus

Unha das mellores maneiras nas que os pais poden axudarlles ós seus fillos a obter a sabedoría de Deus é axudándolles a sacar proveito das reunións cristiás. O que os rapaces ven, escoitan e din nos seus comentarios durante a reunión pode axudarlles a aprender sobre Xehová e a facerse bos amigos del (Dt 31:12, 13). Pais, como podedes axudarlles ós vosos fillos a aprender máis nas reunións?

  • Facede todo o posible por estar en persoa nas reunións (Sl 22:23 [22:22, TNM]).

  • Apartade un tempiño para estar cos irmáns antes ou despois da reunión (Heb 10:25).

  • Asegurádevos de que todos na familia teñades unha copia, en papel ou dixital, das publicacións que se estudan na reunión.

  • Axudade ós vosos fillos a prepararse un comentario nas súas propias palabras (Mt 21:15, 16).

  • Falade ben das reunións e do que aprendedes nelas.

  • Axudade ós vosos fillos a participar na limpeza do Salón do Reino e a falar cos irmáns maiores da congregación.

Para axudar ós vosos fillos a acercarse máis a Xehová teredes que esforzarvos moito e, ás veces, poderedes sentir que non tedes a enerxía suficiente para facelo. Aínda así, recordade que sempre podedes contar coa axuda de Xehová (Is 40:29).

DESPOIS DE VER O VÍDEO PAIS, CONFIADE EN XEHOVÁ E NA SÚA FORZA, RESPONDE AS SEGUINTES PREGUNTAS:

  • Como lles afectou a fatiga a Zack e Leah?

  • Por que deben os pais acudir a Xehová para que lles dea forzas?

  • Como mostraron Zack e Leah que confiaban na axuda de Xehová?